2009/10/28 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>> Ola,
>> xente da FIC comentoume que o prazo para pedir créditos de libre por
>> organizar xornadas remata este mesmo venres. Hai alguén interesado en
>> colaborar para montar unhas xornadas do estilo das que fixo a OSLUSC
>> pero na UDC? É que eu seguramente non hei poder con todo, xa que non
>> teño pensado deixar de asistir a clases durante dous ou tres días por
>> ir dar as charlas todas eu só...
>>
>> Ata logo,
>>                    Leandro Regueiro
>>
>>
>
> Eu non creo que poida atender un evento. Pero na Kutruparty (estrada) o
> GLUG e moitos outros LUGS van a organizar un evento anexo á mesma sobre
> soft ceibe onde vou participar nalgún relatorio. Sería moi boa idea
> neste marco meter algo. Vai coincidir cos festivos de decembro 5,6,7 e 8
>
> Desculpade que non comentara nada pero se me foi a pinza. A kutruparty
> segundo me comentaron non ten nada que ver coa XGN (gamers gamers
> gamers) anteriores anos fixeron relatorios e asistencia era bastante boa
> (non como a XGN, gamers gamers gamers)
>
> O obradoiro da USC que organizamos na OSLUSC levou bastante tempo
> organizalo e non vexo factíbel organizar tan a curto prazo. Tes que
> pensar que precisas polo menos 5 persoas atendendo durante o evento (nos
> estivemos 5 persoas para atender a 50 asistentes, e aínda así non
> dabamos nalgúns momentos).

Isto sería para o segundo cuatrimestre, se é agora directamente xa non
podo nin asistir, creo eu. Xa me metes medo co tema dos asistentes,
sempre poderiamos limitar ou algo polo estilo. Se fai falta tanta
xente involucrada igual hai que limitar moito a asistencia.

Outra opción é non pedir crédito de libre, o que nos daría moita máis
marxe de manobra, e así asistiria menos xente.

Ata logo,
                    Leandro regueiro

Responderlle a