Ola, Estou preparando o ficheiro .po para a tradución de Subversion seguindo as instrucións da guía de tradución de Subversion (http://subversion.tigris.org/translating.html). O problema é que o msginit escupe o ficheiro .po con charset=ASCII e despois quéixase o poedit cando se lle meten caracters multibyte ('á' e similares). O resto de traducións de linguas con caracteres multibyte teñen posto o charset=UTF-8.
Pregunta de novato: pódese cambiar a pelo a codificación do ficheiro con 'iconv -f ASCII -t UTF-8 gl.po > gl-utf8.po' e editar a man o charset do ficheiro que resulta ou isto vai dar problemas? Saúdos. Xosé Antonio Rubal

