Rescatando este tema do esquecemento:  como vai o asunto? precísase
axuda? avanzouse algo? decidiuse algo?

Se fai falta unha man, tedes aquí un voluntario (aínda que non sei que
carallo fago, que ultimamente non teño tempo libre ningún... pero o
tempo que teña, dedicareillo.)

Veña, xa falamos.

2009/10/30 Iván Penido <listacor...@ivanpenido.net>:
> Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de Trasno, os
> correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a miña
> opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo especialmente
> importante polo momento.
> 1.- Correo Electrónico
> Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e traballo (spam, listas negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps Gratuito (ten como límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a interfaz é coñecida (moitos usdes contas de google) e tes un gran equipo de xente, a que lle pagan para que o sistema funcione ben.
> 2.- Roldas de correo.
> Eu sería partidario do uso de Mailman (http://www.gnu.org/software/mailman/index.html) proxecto GNU, moi estendido, estable e moi funcional.
> 3.- Web
> 3.1- Web (cms)
> A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con dokuwiki. Tal vez
> pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado.
> A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a mellor, ten a
> ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una web
> funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo  a milw0rm, Joombla
> é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar atacar. Drupal e moito mais
> complexo inicialmente, pero paréceme moito más robusto e fiable, eu
> decantaríame por este último.
> Outras opcións poderían ser MovableType (http://www.movabletype.org/) ou o
> que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me dades un
> par de dias, botolle un ollo.
> 3.2- Web (wiki)
> Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para Trasno.
> Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a ventaxa de moinmoin e
> o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción que MediaWiki non
> ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua instalación.
> 3.3- Web (blogs)
> Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller (http://roller.apache.org/) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza.
> Eu sería partidario de wordpress MU +  un planet. O separo do cms, xa que os
> blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do proxecto, outra
> ben distinta que non deben de estar mesturadas.
> 3.4- Web (outors..)
> Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade... ¿Comentarios?
> 4.- FTP
> Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o principal e ter claro o suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o seguinte:
> "[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de
> modo estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe
> gráfica, documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais
> ou copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por exemploguls
> ou proxectos persoais [...]"
> Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no que me
> centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus, glosario,
> forxa, etc...



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a