Boas

Jacobo Tarrio escribiu:
O Lurker só é para ver os arquivos. O sistema de listas de correo é Enemies of Carlotta.


Daquela, podemos empregar o mailman (feito en python ;-)) e para as procuras empregar o lurker, non?


2009/11/3 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com <mailto:chavescesu...@gmail.com>>

    2009/10/30, Iván Penido <listacor...@ivanpenido.net
    <mailto:listacor...@ivanpenido.net>>:
     > Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de
    Trasno, os
     > correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a
     > miña opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo
     > especialmente importante polo momento.
     >
     > 1.- Correo Electrónico
     >
     >       Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e
    traballo (spam,
     > listas negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps
     > Gratuito (ten como límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a
     > interfaz é coñecida (moitos usdes contas de google) e tes un gran
     > equipo de xente, a que lle pagan para que o sistema funcione ben.
     >
     > 2.- Roldas de correo.
     >
     >       Eu sería partidario do uso de Mailman
     > (http://www.gnu.org/software/mailman/index.html
     > ) proxecto GNU, moi estendido, estable e moi funcional.
     >

    Só un pequeno comentario: é certo que está estendido, que é estable, e
    que funciona ben. Pero creo que hai unha cousa que debemos ter en
    conta: non ten buscador (non ten, ou si?). Nisto, o lurker gánalle. E
    é unha característica que, para min, pesa bastante agora mesmo.

     > 3.- Web
     > 3.1- Web (cms)
     >
     >       A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con
    dokuwiki. Tal
     > vez pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado.
     >       A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a
    mellor,
     > ten a ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una
     > web funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo  a
     > milw0rm, Joombla é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar
     > atacar. Drupal e moito mais complexo inicialmente, pero paréceme
    moito
     > más robusto e fiable, eu decantaríame por este último.
     >       Outras opcións poderían ser MovableType
    (http://www.movabletype.org/)
     > ou o que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me
     > dades un par de dias, botolle un ollo.
     >
     > 3.2- Web (wiki)
     >
     >       Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para
     > Trasno. Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a
    ventaxa
     > de moinmoin e o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción
     > que MediaWiki non ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua
     > instalación.
     >
     > 3.3- Web (blogs)
     >
     >       Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller
     > (http://roller.apache.org/
     > ) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por
     > microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza.
     >       Eu sería partidario de wordpress MU +  un planet. O separo
    do cms, xa
     > que os blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do
     > proxecto, outra ben distinta que non deben de estar mesturadas.
     >
     > 3.4- Web (outors..)
     >
     >       Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade...
    ¿Comentarios?
     >
     > 4.- FTP
     >
     >       Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o
    principal e
     > ter claro o suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o
     > seguinte:
     >
     > "[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de modo
     > estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe gráfica,
     > documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais ou
     > copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por
     > exemploguls ou proxectos persoais [...]"
     >
     > Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no
    que me
     > centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus,
     > glosario, forxa, etc...


    --
    Saúde,

    Chaves - http://chav.es


    --
    To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
    <mailto:proxecto-unsubscr...@trasno.net>.




--
  Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a