Eu tamén me apunto para botar unha man.
2009/11/20 José Manuel Castroagudín Silva <[email protected]>: > Rescatando este tema do esquecemento: como vai o asunto? precísase > axuda? avanzouse algo? decidiuse algo? > > Se fai falta unha man, tedes aquí un voluntario (aínda que non sei que > carallo fago, que ultimamente non teño tempo libre ningún... pero o > tempo que teña, dedicareillo.) > > Veña, xa falamos. > > 2009/10/30 Iván Penido <[email protected]>: >> Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de Trasno, os >> correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a miña >> opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo especialmente >> importante polo momento. >> 1.- Correo Electrónico >> Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e traballo (spam, listas negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps Gratuito (ten como límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a interfaz é coñecida (moitos usdes contas de google) e tes un gran equipo de xente, a que lle pagan para que o sistema funcione ben. >> 2.- Roldas de correo. >> Eu sería partidario do uso de Mailman (http://www.gnu.org/software/mailman/index.html) proxecto GNU, moi estendido, estable e moi funcional. >> 3.- Web >> 3.1- Web (cms) >> A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con dokuwiki. Tal vez >> pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado. >> A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a mellor, ten a >> ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una web >> funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo a milw0rm, Joombla >> é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar atacar. Drupal e moito mais >> complexo inicialmente, pero paréceme moito más robusto e fiable, eu >> decantaríame por este último. >> Outras opcións poderían ser MovableType (http://www.movabletype.org/) ou o >> que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me dades un >> par de dias, botolle un ollo. >> 3.2- Web (wiki) >> Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para Trasno. >> Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a ventaxa de moinmoin e >> o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción que MediaWiki non >> ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua instalación. >> 3.3- Web (blogs) >> Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller (http://roller.apache.org/) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza. >> Eu sería partidario de wordpress MU + un planet. O separo do cms, xa que os >> blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do proxecto, outra >> ben distinta que non deben de estar mesturadas. >> 3.4- Web (outors..) >> Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade... ¿Comentarios? >> 4.- FTP >> Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o principal e ter claro o suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o seguinte: >> "[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de >> modo estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe >> gráfica, documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais >> ou copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por exemploguls >> ou proxectos persoais [...]" >> Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no que me >> centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus, glosario, >> forxa, etc... > > > > -- > Saúde, > > Chaves - http://chav.es > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

