Dúas ou tres cousas. O glosario da wiki ten erros. Por moi prescritivo que queira ser eu non me vou guiar a cegas por el, igual que non o fixen polo de Tagen Ata que hai na Forxa. Iso si, son moi útiles. Pero xa digo que eu agora mesmo cando consulto algo uso o meu script de consulta para ver as solucións propostas nos 20 glosarios e intento ver cal é a mellor, aínda que nalgúns casos é imposible.
O da wiki ten licenza CC by-sa-nc por estar na wiki de Mancomún (consultar a portada da wiki de Mancomún para obter máis información). O de Tagen Ata que hai na forxa é CC by-sa como pon no comezo do ficheiro TBX.

