> En decembro o equipo de localización de NetBeans temos que entregar as > traducións finais que sairán no novo NetBeans 6.8. > > Debido a que é un aplicativo onde a dificultade de tradución é máis > grande e require coñecementos envío só a esta rolda. > > Nos temos un especial coidado pola calidade das traducións polo que > Trasno é un lugar idóneo para petar na porta. > > Se alguén quere colaborar que contacte connosco. > > Hai módulos tan dispares como o módulo de programación en C, módulo de > java, java mobility, servizos web, etc etc. O único que está completo é > o Ruby xa que é adicación exclusiva miña e os módulos de platform e > harness que os leva Keko e que son o núcleo do netbeans. > > Agardo as vosas colaboracións
Síntovolo moito, pero estes meses ando escaso de tempo. A ver se para o verán...

