O traballo realizado aquí é bastante elemental e reamente nun supón un avance na terminoloxía informática en ningún sentido. Case mellor así porque a política de reutilización é francamene abraiante vindo de quen vén a cousa... por certo, non aparece indicación de QUEN estivo ou está traballando do proxecto, como se fose algo do que ninguén se sinta orgulloso, precisamente.
=========== O *COETG* e a *AETG* informan aos usuarios que co fin de poder visualizar certos contidos da páxina pode ser necesario dispoñer de software específico para visualización de certos documentos (por exemplo: documentos en pdf, documentos Word, documentos Excel e documentos Power Point). Existen programas gratuítos para tal fin. *Propiedade Intelectual* O *COETG* e a *AETG* son os propietarios intelectuais dos materiais procesados, dos recursos desenvoltos e dos contidos difundidos a través da rede no proxecto do Diccionario Galego das TIC. Todo o contido da presente páxina, incluíndo as súas imaxes, gráficos, texto, e todo tipo de datos, son propiedade do *COETG* e a *AETG*, así como o código fonte, o deseño e a estrutura da páxina. O *COETG* e a *AETG* teñen en exclusiva o exercicio dos dereitos de reprodución, distribución, modificación e comunicación dos mesmos, así como todos os dereitos de explotación en calquera das súas formas. Todo o contido da páxina atópase protexido pola normativa en materia de propiedade intelectual e industrial, e a posible consulta ou descarga de material da páxina non conleva en ningún caso a cesión de ningún tipo de dereito sobre a propiedade intelectual ou industrial do citado material ou contido. Non se permitirá a visualización, descarga e impresión dos contidos da páxina web se se realiza con fins publicitarios ou comerciais, ou para a súa distribución, comunicación pública ou modificación e, en xeral, nos casos nos que devanditos actos sexan incompatibles cos fins desta páxina. No resto dos casos, debe procederse a citar a fonte. En todo caso, os logos, gráficos, imaxes, iconas, etc. que formen parte da páxina web, non se poderán utilizar por separado do texto ao que acompañen ou do resto de imaxes ou gráficos do que formen parte. Toda información que os usuarios da páxina web poidan facilitar como suxestións, propostas, etc., considéranse recibidas e cedidas a título gratuíto, polo que se prega que se absteñan de enviar toda aquela información que non teña o citado carácter.

