Boas,

como vexo que andas apurado, vou tratar de botarche unha man. Vaia por
diante que non son un "experto", así que aínda que creo que o que che
vou contar é así, quizais che conveña contrastalo e verificalo. Ben,
agora que dixen isto, queda tranquilo. Só era un 'disclaimer', por se
acaso, jeje.

2009/12/20 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>:
>
>   Moi boas de novo. :) Acábaseme o tempo e non podo agardar máis a ver
> se me asigna alguén unha tarefa, este martes teño que entregar o
> anteproxecto e é mellor que inclúa algo máis concreto, é dicir: o
> software que vou traducir.
>
>   Así que o que se me ocorreu é a ver se valería que traducise algún
> destes dous programas (moitas grazas, Miguel, pola ligazón do listado):
>
>   - http://translationproject.org/domain/exif.html
>
>   - http://translationproject.org/domain/freedink.html
>

Nestas dúas páxinas hai unha ligazón (atópala onde di " The current
template for this domain is...") ao ficheiro que hai que traducir
("programa-version.pot"). Para os seguintes pasos, póñoche como
exemplo o exif:

A forma "curta" de facer isto sería coller o ficheiro
http://translationproject.org/POT-files/exif-0.6.18.pot , e cun
editor, por exemplo, o poedit, traducir cada unha das cadeas. E cando
remates, mandarllo ao responsable do proxecto.

Neste caso, e sen buscar moito, que agora non teño moito tempo, non
teño claro quen é o responsable, pero mirando en sourceforge, parece
que este fulano: http://sourceforge.net/users/dfandrich é un dos
commiters máis activos, así que antes de comezar, eu mandaríalle un
correo dicíndolle "i am planning to translate exif to Galician, a
language spoken on the NW of Spain, and I am not sure who is the
person in charge of translations... Could you give me some info on who
should I contact or send the translation to?". Ou algo así. Xa el che
contará, se hai sorte, jejeje. Non din atopado o seu correo, pero
podes usar este formulario:
https://sourceforge.net/sendmessage.php?touser=236775 (se tes un
usuario en sourceforge, iso si)

Por outra parte, no ficheiro AUTHORS do código fonte só aparece un tal
"Lutz Müller <l...@users.sourceforge.net>", así que tamén poderías
falar con este...

A forma "longa" (ao ser por un tema académico, igual gañas puntos
facéndoo así), sería descargar o código e facer todo o traballo de
tradución, compilar o programa, probalo, etc, etc. Póñoche os pasos,
así resumidos, que igual che axuda:

- descargar o código:
wget 
http://downloads.sourceforge.net/project/libexif/exif/0.6.18/exif-0.6.18.tar.bz2
- Descomprimir:
tar xjf exif-0.6.18.tar.bz2
- meterte no directorio creado ao descomprimir:
cd exif-0.6.18/
- botar un ollo a ver onde están os ficheiros das traducións (neste
caso, o directorio "po")
- Meterte no directorio "po" (cd po)
- (empeza a chicha) Crear o ficheiro gl.po a partir do template (pot):
 msginit -i exif.pot -o gl.po -l gl

Esta orde crea o ficheiro gl.po, preguntándoche un par de detalles,
coma o teu correo electrónico. Escribe "man msginit para ver o que
significan os parámetros que lle pasei. Xa digo que ando sen tempo,
jeje...

-Despois xa podes comezar a traducir:
poedit gl.po

Cando xa estea traducido, podes compilar e probar que todo estea como pensas:
cd .. (para saír de "po")
less INSTALL (para ver as instrucións e tal e cual)
./configure; make; sudo make install

Moi probablemente teñas que instalar moreas de cousas para compilar
isto. Non me vou meter con ese rollo agora, se precisas axuda máis
adiante, pídea, e intentarei axudarche no que poida. Ademais, terás
que engadir, no ficheiro "po/Makefile", nas liñas que empezan por
"POFILES", "GMOFILES" e "UPDATEPOFILES",  o correspondente para o
galego: gl.po, gl.gmo e gl.po-update, respectivamente. Se non o fas, o
de "./configure; make; sudo make install" non compilará o idioma
galego, e non o instalará. Estou a escribir isto sen probalo, que me
faltan algunhas bibliotecas para poder facelo, así que, xa sabes, se
máis adiante te atrancas, pregunta e listo. Igual hai que facer máis
cambios nos Makefiles, ou igual non hai que facer todos estes, así que
non te preocupes por agora. Vai facendo ata o de traducir o gl.po.

Se todo foi ben, ao final debería haber, en
/usr/local/share/locale/gl/LC_MESSAGES/, un ficheiro que probablemente
se chame "exif.mo", e executando nun terminal "LANG=gl; exif", o
programa fará o que sexa que teña que facer, pero mostrando as
mensaxes en galego.

Ben, claro, aínda que fagas todo isto, non esquezas enviarlle a
tradución ao responsable, igual que antes.

"Fin".



>   En todo caso estou aberto a calquera suxerencia sempre que sexa algo
> máis ou menos sinxelo e reducido que poida usar para o meu proxecto
> (porque estou moi limitado en canto a tempo de entrega), como xa teño
> dito, aínda que máis adiante espero poder facer algo máis
> "substancioso"; por certo, está traducido xa o MKV Toolnix?, é un
> programa que me gustaría moito traducir, o malo é que me parece que é un
> pouco complicado...

Instaleino no meu ordenador (debian sid), e non parece que estea en
galego. Se ninguén máis di nada, todo para ti, jeje

>
>   Ademais a pesar de que estiven lendo as páxinas de axuda (as guías,
> por exemplo) da páxina do Proxecto Trasno (e a maioría dos recursos de
> tradución, moi interesantes, por certo; é unha virguería poder consultar
> as normas do ILG en liña) aínda non teño totalmente claro o proceso, é
> dicir: como os dous programas de arriba non están nun grupo de tradución
> o que teño que facer para comezar é botarlle un ollo á súa páxina e
> descargar o código fonte, non si?

Epa, contesteiche xa máis arriba. Si, unha das formas é esa,
descargalo e ver como vai por dentro. Aínda que máis fácil sería
baixar só o ".pot".


>
>   E outra cousa: o Gettext e o resto de programas valen para Ubuntu?
> (Hardy Heron), é a distribución que utilizo.
>

Si, supoño que sen problema:

sudo apt-get install gettext poedit

e tirar para adiante. Se non che gusta o poedit, calquera outro:
gtranslator, kbabel, virtaal, lokalize... Algúns destes igual non
están nas últimas versións en Hardy Heron, así que igual non terás
todas as súas caracterísicas dispoñibles...

Para compilar e probar, necesitarás máis trangallada:
sudo apt-get install build-essential

(ese, polo menos. Quizais algún máis)

>   Perdón por ser tan pesado e felices festas para todo o mundo! :)

Igualmente, ho. E sorte co traballo este! E xa sabes, calquera dúbida,
atranco, cousa rara que che pase: pregunta. Xa veremos de botar unha
man como poidamos.

>
>
>
>   Postdata: algunha xente que foi á Kutruparty comentoume que fora moi
> interesante a aportación da xente do Proxecto Trasno; deume pena non
> poder asistir, pero non perdería as clases ou de estudar por nada do
> mundo; sacarme o título de informática é realmente importante para min,
> xa que como xa teño comentado como filólogo son un "asquiño", jajaja
>
>  Postdata 2: xa case se me esquecía: estiven facendo para as clases de
> HTML e CSS unha páxina web que consiste nun portal de recursos de
> tradución organizados (para telos todos a man e para que o proxecto
> quede máis "traballado"), o contido non ten moito mérito porque case
> todos os mirei na sección de recursos, pero o deseño eu creo que é
> bastante chulo, en tonalidades brancas e azuis (e algo de vermello para
> contrastar) cun estilo sobrio pero elegante e desenfadado, se alguén lle
> quere botar unha ollada para algo que mo diga e lla envío por correo,
> por se lle serve para algo ou simplemente por curiosidase. En todo caso
> non está rematada de todo, non puxen todos os recursos que debería ter,
> pero só sería engadir un par de cousiñas, o que é a estrutura está
> completa. Mimá, xa me liei a "parrafear" outra vez... perdón e Bo
> Nadal! :)
>

Nota para todos: igual nun futuro podiamos pensar en poñer a
disposición dos socios/xente de trasno un espazo web para as súas
cousas (algo como http://trasno.net/~usuario, xa sabedes)...

>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a