[kde] Notificarvos que me puxen a traducir os ficheiros PO relacionados con Pacman/Shaman, sistema de xestión de paquetes (e interface gráfica) de Arch Linux. Pasáronos a KDE porque os desenvolvedores pretenden que se poda usar Shaman (a GUI) con calquera sistema de paquetes. Xa vin que ninguén se puxo aínda con eles, así que tomei a iniciativa.
[terminoloxía] Atopeime coa cadea do Asunto. Traducina (provisionalmente) como: Executando conexión postoperatoria dende %1... Así que, como vos figuraredes, estou desexando que me deades alternativas máis... comprensibles/decentes. Senón, estou disposto a deixalo traducido así (si, é unha ameaza! ;)

