2010/2/9 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> > Ola, son Ignacio Agulló, tradutor ao galego de AWStats e SquirrelMail.
> > Quería contactar coa xente de Trasno, pero como no sitio web non hai
> ningún
> > enderezo de correo electrónico, non me quedou máis remedio que publicar
> > nesta lista de correo.
>
> Polo de agora é o único xeito de contactar. Tampouco está mal xa que
> así de paso avisaches a moita xente do que estás traducindo e agora a
> xente sabe de ti. Se precisas axuda só tes que pedila aquí.
>
> > Estiven traballando nun documento que recolle as miñas experiencias con
> > informática multilingüe en centros de traballo de Galicia.  Chámase
> > "Sistemas informáticos multilingües con galego e español", está en
> galego,
> > e o licenzo baixo licenza Creative Commons NC-BY-SA.  O estudo está
> > dispoñible en formato PDF, e mide 10 Megaoctetos.  Agora soamente falta o
> > derradeiro paso: publicalo para darlle toda a visibilidade posible.
>  Espero
> > que o tema sexa do voso interese.  Contactade comigo no enderezo de
> correo
> > agu...@ati.es.
>
> Por que escolliches NC?
>

Este é un tema importante, se non fose por esa clausula eu podería xestionar
a súa publicación en liña, pero con esa clausula é, para min que son (como
nos decribíu o "padriño") un "sectario dogmático da FreedomDefined",  :-)
inaceptábel.


>
> > P.S. Mirei na páxina de ligazóns do sitio web de proxecto trasno, e a
> > ligazón de "Galicia 21" leva a un sitio baleiro, un "placeholder".
> > Investigando en Google atopei sitios web de Galicia 21, pero un sen
> > actualizar dende 2006 e outro dende 2002.
>
> Dirás Galego21. Si, temos moitas cousas que corrixir na web, pero o
> certo é que temos varias outras cousas con tanta ou máis prioridade
> que iso.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a