Boas.

Acaba de chegarme unha mensaxe de Baleato vía rolda de g11n anunciando que
deixa a coordinación dos proxectos que estaba a levar dende a desmantelación
de Mancomún. Crin importante pasala por aquí tamén (xunto coa resposta que
lle acabo de enviar), xa que seguramente moitos de vós non estades
subscritos á rolda en cuestión e ó mellor apetécevos darlle a despedida como
se merece (xP).

Agardo que vos animedes, xa que sei de boa man por ter tratado o tema con
algúns de vós que tedes moitas cousas pendentes que comentarlle, agora que
ten máis tempo libre.

Saúdos,

               Alejo.

PD: sei que ultimamente non me estou a pasar moito pola rolda, pero teño un
ano complicado. A ver se para medidados do mes vindeiro volvo estar un pouco
máis activo.

---------- Forwarded message ----------
From: Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2010/2/27
Subject: Re: [Comunidade g11n] Cambios na coordenación dos proxectos
To: rolda comunitaria para a galeguización de software <comunid...@g11n.net>


Moi boas.

2010/2/27 suso <suso.bale...@gmail.com>

Boas,
>
> Levamos mais dunha década traballando a prol da galeguización dixital.
> Ninguén nese ámbito chegou a concentrar tanto poder como o que eu acumulei
> nos últimos anos. Esa concentración de poder favoreceu que acadaramos o
> maior grao de cohesión lingüística e organizativa logrado até o momento.
>

¡Carallo! Menuda modestia que te gastas. Así da gusto.


> Porén, acabaría por tornarse na nosa contra de persistir.


Concordo con isto.


>
> Estabilizada a situación provocada polo desmantelamento de Mancomún e
> resoltos os problemas que me levaron a asumir a coordenación das traducións
> de Mozilla, OpenOffice.org e GNOME, acho que podo dar por finalizada xa a
> miña intervención. Para non poñer en risco a continuidade dos proxectos,
> consultarei coas roldas de coordenación antes de notificar nas globais a
> miña baixa como coordenador.
>

Sigo sen entender o porqué desa despótica asunción de poderes. Podíase ter
deslocalizado a coordinación de ámbolos tres proxectos dende o
desmantenlamento sen correr demasiados riscos, na miña humilde opinión.
Somos unha comunidade pequena, pero ben formada, con experiencia e, sobre
todo, con sentidiño. Tendo a documentación a man e cun pouco de colaboración
pola vosa parte en caso de dúbida, non creo que houbera problema ningún.


>
> Saúde e liberdade.
>

Saúde ultimamente pouca, desgraciadamente. Liberdade, sempre.


>
> --
>
> http://susinho.pagina.de/
> _______________________________________________
> Comunidade mailing list
> comunid...@g11n.net
> https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/comunidade
>

Nota:

Por se algún se está preguntando, non estou involucrado en ningún dos tres
proxectos mencionados, pero si estou ó tanto de toda a información verquida
nas roldas e outra que me foi chegando día a día por outras vías. Por iso
crin necesario dar a miña opinión (formada dende un punto de vista externo
un pouco máis obxectivo) que sei de boa man que parte da comunidade comparte
(non sei se dita parte está suscrita a esta rolda) e que moitas veces non
abriu a boca por non crear mal ambiente de traballo.

Sendo agora o momento no que deixas de ser a "cabeza visible", considero que
é tamén o momento preciso para saca-lo tema a colación sen que orixine
maiores problemas. Non é a miña intención causarche dores de cabeza
innecesarias, senón que teñas isto presente para futuros proxectos nos que
estés involucrado.



Nada máis que engadir pola miña parte. Agardo que máis xente se anime a dar
a súa opinión agora que abrín a caixa de Pandora.



Saúdos cordiais para todos,

                                            Alejo Pacín.

Responderlle a