Jacobo, eiquí Suso Baleato. Agradecíacho se puideras borrarme desta rolda.
Saúdos, Alejo Pacín Jul escrebeu: > Boas. > > Acaba de chegarme unha mensaxe de Baleato vía rolda de g11n anunciando que > deixa a coordinación dos proxectos que estaba a levar dende a desmantelación > de Mancomún. Crin importante pasala por aquí tamén (xunto coa resposta que > lle acabo de enviar), xa que seguramente moitos de vós non estades > subscritos á rolda en cuestión e ó mellor apetécevos darlle a despedida como > se merece (xP). > > Agardo que vos animedes, xa que sei de boa man por ter tratado o tema con > algúns de vós que tedes moitas cousas pendentes que comentarlle, agora que > ten máis tempo libre. > > Saúdos, > > Alejo. > > PD: sei que ultimamente non me estou a pasar moito pola rolda, pero teño un > ano complicado. A ver se para medidados do mes vindeiro volvo estar un pouco > máis activo. > > ---------- Forwarded message ---------- > From: Alejo Pacín Jul <[email protected]> > Date: 2010/2/27 > Subject: Re: [Comunidade g11n] Cambios na coordenación dos proxectos > To: rolda comunitaria para a galeguización de software <[email protected]> > > > Moi boas. > > 2010/2/27 suso <[email protected]> > > Boas, > > > > Levamos mais dunha década traballando a prol da galeguización dixital. > > Ninguén nese ámbito chegou a concentrar tanto poder como o que eu acumulei > > nos últimos anos. Esa concentración de poder favoreceu que acadaramos o > > maior grao de cohesión lingüística e organizativa logrado até o momento. > > > > ¡Carallo! Menuda modestia que te gastas. Así da gusto. > > > > Porén, acabaría por tornarse na nosa contra de persistir. > > > Concordo con isto. > > > > > > Estabilizada a situación provocada polo desmantelamento de Mancomún e > > resoltos os problemas que me levaron a asumir a coordenación das traducións > > de Mozilla, OpenOffice.org e GNOME, acho que podo dar por finalizada xa a > > miña intervención. Para non poñer en risco a continuidade dos proxectos, > > consultarei coas roldas de coordenación antes de notificar nas globais a > > miña baixa como coordenador. > > > > Sigo sen entender o porqué desa despótica asunción de poderes. Podíase ter > deslocalizado a coordinación de ámbolos tres proxectos dende o > desmantenlamento sen correr demasiados riscos, na miña humilde opinión. > Somos unha comunidade pequena, pero ben formada, con experiencia e, sobre > todo, con sentidiño. Tendo a documentación a man e cun pouco de colaboración > pola vosa parte en caso de dúbida, non creo que houbera problema ningún. > > > > > > Saúde e liberdade. > > > > Saúde ultimamente pouca, desgraciadamente. Liberdade, sempre. > > > > > > -- > > > > http://susinho.pagina.de/ > > _______________________________________________ > > Comunidade mailing list > > [email protected] > > https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/comunidade > > > > Nota: > > Por se algún se está preguntando, non estou involucrado en ningún dos tres > proxectos mencionados, pero si estou ó tanto de toda a información verquida > nas roldas e outra que me foi chegando día a día por outras vías. Por iso > crin necesario dar a miña opinión (formada dende un punto de vista externo > un pouco máis obxectivo) que sei de boa man que parte da comunidade comparte > (non sei se dita parte está suscrita a esta rolda) e que moitas veces non > abriu a boca por non crear mal ambiente de traballo. > > Sendo agora o momento no que deixas de ser a "cabeza visible", considero que > é tamén o momento preciso para saca-lo tema a colación sen que orixine > maiores problemas. Non é a miña intención causarche dores de cabeza > innecesarias, senón que teñas isto presente para futuros proxectos nos que > estés involucrado. > > > > Nada máis que engadir pola miña parte. Agardo que máis xente se anime a dar > a súa opinión agora que abrín a caixa de Pandora. > > > > Saúdos cordiais para todos, > > Alejo Pacín. -- http://susinho.pagina.de/

