2012/5/9 Antón Méixome <[email protected]>: > 2012/5/9 Xose M <[email protected]>: >> permítome responderche en primeiro lugar para agradecer que decidises tentar >> colaborar. >> >> ao principio estarás un pouco perdido, así que ler as prguntas frecuentes >> non ven de máis http://trasno.net/?q=node/26 >> >> existen varios xeitos de colaborar, podes unirte a algún grupo para traducir >> un conxunto de aplicativos ou un "escritorio/entorno de traballo"; podes >> usar servizos web como launchpad, transifex, ... para coller un aplicativo e >> traducilo pola túa conta. >> >> eu aconsélloche que vaias a un desos sitios, pilles un aplicativo pequeno >> (en número de cadeas a traducir) e comeces a traducilo seguindo as propias >> guías e axudas que hai por internet. >> >> Non só se traducen aplicativos, o apartado de Documentación sí que precisa >> "axuda". >> >> Ubuntu, en concreto, está en Launchpad, pero non todo o que ves (e usas) en >> ubuntu sae de ese sitio. >> >> Pronto che responderan moito máis polo miudo e guiarante de xeito máis >> concreto ;) >> >> saúdos >> >> Xosé M. >> >> 2012/5/9 Denís Bermúdez Delgado <[email protected]> >>> >>> Boas. >>> >>> É a primeira vez que escribo aquí, así que o primeiro é dicir que me chamo >>> Denís, son estudante e colaborador do blogue O meu Ubuntinho. >>> >>> Gustaríame colaborar axudando a traducir o Ubuntu, aínda que xa aviso que >>> non lle vou poder adicar todo o tempo que quixera e máis agora que se me >>> achegan os exames. Ademais tampouco teño un coñecemento moi avanzado do >>> inglés, pero como ben pon na web pódese mellorar traducindo. >>> >>> Agardo unha resposta e indicacións de como comezar. >>> >>> Un saúdo e grazas. >>> > > Ola Denís, > > Hai uns días falamos por aquí de ti :-) > Noraboa polo blog, de feito é o máis parecido que temos en galego a un > web do LocoTeam de Ubuntu. > https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam > > Estás máis ca capacitado para colaborar e traducir, asegúrocho e a > "infraestrutura" de Ubuntu en galego está moi por facer, realmente > > A min que me chamou a atención foi o feito de que as ilustracións do > teu blog non estivesen en galego ou que non falases da instalación en > galego. > Ben, xa o sabes porque che deixei unha nota. > > Como facer? > > Sempre hai que ter en conta que moitas das pezas non son de Ubuntu > senón de proxectos raíz (Gnome, LibreOffice, Mozilla, ...) e hai > moitas cousas en Launchpad que tampouco son de Ubuntu pero que > utilizan esa plataforma para o desenvolvemetno ou para a tradución > (https://launchpad.net/~lp-l10n-gl). > > - crear conta en Launchpad e comezar a traducir > - inscribirse na lista do Ubuntu Galician Translators para presentarse > e comezar traballando en grupo: https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl > - pedir revisión por parte doutros > - adoptar na tradución os acordos, pedir e dar consello. Nunca > sobrescribir as traducións doutro a non ser que sexan claros erros de > escritura ou de ruptura dos consensos establecidos. > > E poñerse ao tema, por exemplo comezando aquí > > http://people.canonical.com/~dpm/stats/ubuntu-12.04-translation-stats.html > > En xeral, recomendaría que te fixes nalgúns aplicativos que estean > pouco atendidos e que lles manteñas a tradución. Desa maneira é doado > organizarse, levalo a tempo e manter a coherencia sen "incordiar" a > ninguén. > > Pouco tempo? coma todos nós... pero se hai 2000 cadeas pendentes para > ter o 100% da versión 12.04 e con que só traduzas 30 cadeas ao día > (ben doado)... en dous meses estaría ao 100%, só co teu esforzo, e se > atraes a outras 3 persoas facendo o mesmo, en 20 días :-) > > Un saúdo, > > Antón > > P.S. Envío anexa unha captura de pantalla que amosa un erro na 12.04. Dous... > - O acordo de licenza sen traducir > - Un "Adepta" por "Acepta"
Este venres 18 e o sábado 26 da semana que vén celebramos a Trasnada 12.0. Se tes dúbidas ou queres aprender máis pódeste achegar. Máis información en http://trasno.net/trasnada120 E por suposto todas aquelas persoas que estean interesadas están convidadas. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

