Ben, estaba escribindo un artigo na Galilibros sorbe «Formación e 
orientación 
laboral» ─concretamente sobre apagar incendios─ cando me atopei cunhas 
palabras que o hunspell-gl non dá por correctas e que non sei como se din en 
galego:

halón(s), halotrón(s), e tribromoflúor.

As dúas primeiras supoño que sería cousa de investigar se son válidas ou 
non 
(alguén sabe?).

Respecto á última, supoño (non son de Química, e o pouco que sei 
preferiría 
esquecelo :P) que é correcta e que como ela hai outras e que se forman 
seguindo unhas regras concretas. Regras de química. Así que se alguén me 
confirma que ela (e palabras similares) son correctas (que non hai que 
separalas con guións ou algo parecido, “tri-bromo-fluor”), a ver se 
despois 
dos exames lle boto unha ollada ao tema.
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: application/pgp-signature
Size: 230 bytes
Desc: This is a digitally signed message part.
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100612/757dd5cd/attachment.pgp>

Responderlle a