IncrÃbel! Moi moi boas novas sobre todo que deixen usalo para facer un dicionario hunspell GPL.
Moitas grazas Mr. Solla (que non Soia, XD). HaberÃa que falar agora co mantedor orixinal do hungspell-gl-es en Mancomún, coido que era Rial, non? Saúdos O Mér, 23-06-2010 ás 13:28 +0200, Miguel Solla escribiu: > > Miguel Solla > para anton.santamar. > mostrar detalles 16 jun > (hace 7 dÃas) > > > EnvÃolle unha copia da mensaxe que remitÃn ao enderezo de correo > electrónico que figura como contacto no sitio web do VOLG > (fg251051 en usc.es), que veu devolta polo servidor. > Unha aperta. > > Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un > baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo o contido do > Vocabulario ortográfico da lingua galega para actualizar o ficheiro do > dicionario do verificador ortográfico hunspell para a lingua galega. > Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o > mantemento do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno > (http://www.trasno.net/) e, no canto de andar a actualizar as eivas do > dicionario actual cada vez que un/ha usuario/a detecta que falta algún > lema, propúxenme, durante os meses vindeiros, actualizar, de vez, o > conxunto do dicionario. A idea é, máis ou menos, a seguinte: > 1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregarÃa o > dicionario e as regras de afixación que desenvolvÃn en 2008-2009 (o > seu comportamento descrÃbese no primeiro número da revista > Linguamática, > http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e > facer un baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. > A actualización intentarÃa fornecer o verificador de análise > morfolóxica con todas as clases de palabra. Os termos marcados como > incorrectos empregarÃanse para facer regras de suxestión de termos > correctos. > 2. Nunha segunda fase, empregarÃanse os sinónimos que ofrece o VOLG > para facer un thesaurus para o OpenOffice e tratarÃanse de mellorar as > regras de afixación existentes (contemplar o superlativo sintético de > adxectivos en -Ãsimo, crear regras para algúns prefixos e sufixos...). > Todos os ficheiros aos que me referÃn distribuirÃanse (indicando, por > suposto, a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a > miña consulta: non sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos > de autor ou dereitos de calquera outro tipo ou algunha licenza. En > todo caso, dirÃxome a vostedes para saber a súa opinión sobre a > viabilidade de levar a cabo o que propoño. > Un saúdo. > > > Responder > > > Reenviar > > > > > > > > > Responder > | > > > Antón Santamarina > para usuario > mostrar detalles 08:29 > (hace 4 horas) > > > > Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a > autorización para usalo nas condicións que indicas. > > Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero > son moi poucas (supoñendo que fosen 12, serÃa o 0,02%, que non afecta > gran cousa a funcionalidade do vocabulario) > > Antón Santamarina > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto en trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto