2010/7/2 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>

>  Ola a todos,
>
> Finalmente si, e espero non vos coller de vacacións, convoco a primeira
> Asemblea Xeral do 2010 da asociación para este Sábado 17 de Xullo ás 16:30
> no Centro Cívico de Monelos, A Coruña. Espero que poidades asistir todos
> os socios. Por favor, confirmádeme asistencia.
>
> No caso de que non sexades socios, convídovos igualmente a asistir á
> asemblea fundamentalmente para nos coñecer todos, ademais de para que
> poidades dar a vosa opinión nos asuntos que tratemos. Iso si, é como é
> lóxico, sen ser socio tedes voz pero non voto. Recórdovos que aínda vos
> podedes asociar, incluído ese día. Asociándovos gañades dereito a voto na
> asemblea ademais de axudarnos aos máis, coa cota de socio (15€/ano), a
> manter os servizos da web e demais gastos correntes. Xa sei que soa a
> propaganda, pero teño que dicilo :)
>
> A Orde do día:
>
> 1. Aprobar as contas do exercicio 2009
>
> 2. Proceder á renovación da directiva. Causas:
>
> - Baixa voluntaria da función de tesoureiro de Marce Villarino
>
> - Baixa voluntaria como socio de Miguel Bouzada, polo que se debe proceder
> a elección de novo Vicepresidente
>
> 3. Aprobar o plano xeral de actividades para o 2010
>
> ...e logo falamos do que sexa :)
>
> ademais dunha GPG Keysining Party!!. Ide preparando as vosas chaves!.
>
> Horario e data:
>
> De 16:30 a 20:30 [é para cando temos a sala ( para 20 persoas e con wifi)]
>
> (NB: Non marquei data antes por culpa dos estudantes e por culpa de que non
> me daban sala)
>
> Comida previa:
>
> Segundo vaiades confirmando asistencia indicádeme se queredes comer antes
> xa na city. Nese caso reservo un lugar cerca da estación de tren ou alí onde
> sirvan menú do día, p.ex.
>
> Como Chegar e Indicacións varias
>
> O centro cívico de Monelos está ao lado do centro comercial de Elviña
> (Gadis e un PCCity), a biblioteca de Elviña e de fronte aos Novos
> Ministerios e delegación da Xunta. Ten saída directa dende a Vedra, é 
> fácil
> de chegar.
>
> O edificio: http://www.flickr.com/photos/93127991 en N00/252198291/
>
> Mapas:
>
> Enlace ao mapa, en coche dende Santiago:
> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Santiago+de+Compostela,+Espa%C3%B1a&daddr=43.349111,+-8.404664&hl=gl&geocode=Fb9NjgIdAZh9_ynD0alwRv4uDTFETI2l4-mnJQ%3BFXd0lQIdSMF__w&mra=ls&sll=43.348373,-8.404326&sspn=0.002294,0.004823&ie=UTF8&t=k&z=10
>
> Enlace ao mapa, a pé dende a estación de tren (son 10 min andando):
> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Avenida+de+Joaqu%C3%ADn+Planells+Riera&daddr=43.349111,+-8.404664&geocode=FfN_lQIdn65__w%3BFXd0lQIdSMF__w&hl=gl&mra=dme&mrcr=0&mrsp=0&sz=17&dirflg=w&sll=43.351045,-8.408843&sspn=0.004587,0.009645&ie=UTF8&ll=43.350258,-8.405818&spn=0.004587,0.009645&t=k&z=17
>
> e o da estación de buses buscádelo vós, que está tamén cerquiña. E se
> alguén chegara en avión, indícolle tamén como chegar xD
>
> Traducido, independentemente de se entrades pola AP9 ou a N550 na Coruña
> entrades pola Avenida de A Vedra (Alfonso Molina), escollede sempre o carril
> máis exterior e sairedes pola segunda saída da vía, en dirección
> "Monelos","Praza das paxariñas" ou "Corte Inglés", non recordo o rótulo
> exactamente ;). A anterior leva aos CCs de Carrefour, Espacio Coruña e ao
> Coliseum, tm ás universidades. Non, xusto a saída/incorporación seguinte.
> Usade o street view do google maps, que é fantástico!!
>
> Onde aparcar: a cousa está complicada, coma en toda a cidade. Nas
> inmediacións hai varios parkings de pago. Os do propio centro comercial
> (acceso ao mesmo lado que o centro cívico) ou nos novos ministerios (ao
> outro lado da estrada, visible dende a rotonda de acceso). Hai sitios
> arredor do centro gratuítos pero non soe haber libre ningún. Nesta zona da
> cidade é fácil que seguir de fronte te leve a outro extremo da cidade
> (literalmente), así que o primeiro sitio que vexades, zás!, e senón
> parquing. Cando me vaiades dicindo cantos sodes, busco como arranxar isto.
>
> Calquera cousa, preguntádeme.
>
> Desta volta elixín eu unilateralmente o sitio, porque xa levo bastantes
> viaxes a Santiago a conta dos papeis da asociación e do convenio. Para a
> seguinte, decidides de novo por votación e espero que os Vigueses saian
> favorecidos ;).
>
> Saúdos!!
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Socios mailing list
> Socios en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/socios
>
>
Eu non vou poder ir... o verán é tempo de festas, e ese día téñoa na casa
:(

-- 

Xabier Villar
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100702/0a04bf47/attachment.htm>

Responderlle a