2010/7/2 Xabier Villar <xabier.villar en gmail.com>:
>
>
> 2010/7/2 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>
>>
>> Ola a todos,
>>
>> Finalmente si, e espero non vos coller de vacacións, convoco a primeira
>> Asemblea Xeral do 2010 da asociación para este Sábado 17 de Xullo ás 16:30
>> no Centro Cívico de Monelos, A Coruña. Espero que poidades asistir todos os
>> socios. Por favor, confirmádeme asistencia.
>>
>> No caso de que non sexades socios, convídovos igualmente a asistir á
>> asemblea fundamentalmente para nos coñecer todos, ademais de para que
>> poidades dar a vosa opinión nos asuntos que tratemos. Iso si, é como é
>> lóxico, sen ser socio tedes voz pero non voto. Recórdovos que aínda vos
>> podedes asociar, incluído ese día. Asociándovos gañades dereito a voto na
>> asemblea ademais de axudarnos aos máis, coa cota de socio (15€/ano), a
>> manter os servizos da web e demais gastos correntes. Xa sei que soa a
>> propaganda, pero teño que dicilo :)
>>
>> A Orde do día:
>>
>> 1. Aprobar as contas do exercicio 2009
>>
>> 2. Proceder á renovación da directiva. Causas:
>>
>> - Baixa voluntaria da función de tesoureiro de Marce Villarino
>>
>> - Baixa voluntaria como socio de Miguel Bouzada, polo que se debe proceder
>> a elección de novo Vicepresidente
>>
>> 3. Aprobar o plano xeral de actividades para o 2010
>>
>> ...e logo falamos do que sexa :)
>>
>> ademais dunha GPG Keysining Party!!. Ide preparando as vosas chaves!.
>>
>> Horario e data:
>>
>> De 16:30 a 20:30 [é para cando temos a sala ( para 20 persoas e con wifi)]
>>
>> (NB: Non marquei data antes por culpa dos estudantes e por culpa de que
>> non me daban sala)
>>
>> Comida previa:
>>
>> Segundo vaiades confirmando asistencia indicádeme se queredes comer antes
>> xa na city. Nese caso reservo un lugar cerca da estación de tren ou alí 
>> onde
>> sirvan menú do día, p.ex.
>>
>> Como Chegar e Indicacións varias
>>
>> O centro cívico de Monelos está ao lado do centro comercial de Elviña
>> (Gadis e un PCCity), a biblioteca de Elviña e de fronte aos Novos
>> Ministerios e delegación da Xunta. Ten saída directa dende a Vedra, é 
>> fácil
>> de chegar.
>>
>> O edificio: http://www.flickr.com/photos/93127991 en N00/252198291/
>>
>> Mapas:
>>
>> Enlace ao mapa, en coche dende Santiago:
>> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Santiago+de+Compostela,+Espa%C3%B1a&daddr=43.349111,+-8.404664&hl=gl&geocode=Fb9NjgIdAZh9_ynD0alwRv4uDTFETI2l4-mnJQ%3BFXd0lQIdSMF__w&mra=ls&sll=43.348373,-8.404326&sspn=0.002294,0.004823&ie=UTF8&t=k&z=10
>>
>> Enlace ao mapa, a pé dende a estación de tren (son 10 min andando):
>> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Avenida+de+Joaqu%C3%ADn+Planells+Riera&daddr=43.349111,+-8.404664&geocode=FfN_lQIdn65__w%3BFXd0lQIdSMF__w&hl=gl&mra=dme&mrcr=0&mrsp=0&sz=17&dirflg=w&sll=43.351045,-8.408843&sspn=0.004587,0.009645&ie=UTF8&ll=43.350258,-8.405818&spn=0.004587,0.009645&t=k&z=17
>>
>> e o da estación de buses buscádelo vós, que está tamén cerquiña. E se
>> alguén chegara en avión, indícolle tamén como chegar xD
>>
>> Traducido, independentemente de se entrades pola AP9 ou a N550 na Coruña
>> entrades pola Avenida de A Vedra (Alfonso Molina), escollede sempre o carril
>> máis exterior e sairedes pola segunda saída da vía, en dirección
>> "Monelos","Praza das paxariñas" ou "Corte Inglés", non recordo o rótulo
>> exactamente ;). A anterior leva aos CCs de Carrefour, Espacio Coruña e ao
>> Coliseum, tm ás universidades. Non, xusto a saída/incorporación seguinte.
>> Usade o street view do google maps, que é fantástico!!
>>
>> Onde aparcar: a cousa está complicada, coma en toda a cidade. Nas
>> inmediacións hai varios parkings de pago. Os do propio centro comercial
>> (acceso ao mesmo lado que o centro cívico) ou nos novos ministerios (ao
>> outro lado da estrada, visible dende a rotonda de acceso). Hai sitios
>> arredor do centro gratuítos pero non soe haber libre ningún. Nesta zona da
>> cidade é fácil que seguir de fronte te leve a outro extremo da cidade
>> (literalmente), así que o primeiro sitio que vexades, zás!, e senón
>> parquing. Cando me vaiades dicindo cantos sodes, busco como arranxar isto.
>>
>> Calquera cousa, preguntádeme.
>>
>> Desta volta elixín eu unilateralmente o sitio, porque xa levo bastantes
>> viaxes a Santiago a conta dos papeis da asociación e do convenio. Para a
>> seguinte, decidides de novo por votación e espero que os Vigueses saian
>> favorecidos ;).
>>
>> Saúdos!!
>
> Eu non vou poder ir... o verán é tempo de festas, e ese día téñoa na casa
> :(

Non lin a mensaxe, pero sendo a asemblea terei que ir.

Responderlle a