Ola, Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este dÃa 5 ás 18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes. Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos poidamos achegar alà mellor, entre todos escollemos o noso premiado.
O sistema vai ser asÃ: - ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio - ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de concurso. Haberá previsiblemente varios descansos. - ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso - vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de ordes + algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o premio á mellor curta en galego. Os premios non son excluÃntes, unha curta pode levar os tres. - foghetes e prá casa Só para que teñades unha referencia - Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao galego. En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos que se emiten. - Os vÃdeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos) hai algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi simpático (un p.ex con escenas de xente debullando mainzo). Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei exactamente a que hora podo chegar ese dÃa, confirmádeme os que queirades vir e a que hora chegades. Asà deixo aos rapaces de inestables avisados para que vos fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso. Saúdos! ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/attachments/20100730/6a5ab472/attachment.htm>