2012/5/29 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Foi alguén? Houbo algún acordo?

Si. Respecto dos acordos de terminoloxía dádenos algún tempo máis.
Pode que leve algún tempo, pero prometo, e senón que me fulmine un
raio (que non será unha espera de máis de seis meses). Respecto do
resto, a chegada de moita xente allea ao proxecto desbordounos e iso
tivo as súas implicacións no desenvolvemento de toda a xornada. De
feito visto o sucedido para a vindeira Trasnada desligaremos a parte
da Trasnada onde atendemos á xente de fóra e a parte da Trasnada onde
nos centraremos nos asuntos da comunidade (que seguirá estando aberta
á participación de xente allea).

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
  • Trasnada Xosé
    • Re: Trasnada Leandro Regueiro

Responderlle a