Ola.

Xa o deixei caer hoxe a tarde nunha mensaxe na lista do equipo galego
de localización de Mozilla. Non me chega o tempo para atender Mozilla
en condicións e tampouco conseguín facer o que pretendía, que era
saber como funcionaba e conseguir argallar un método de traballo no
que todo o puidera colaborar e que fora fácil de xestionar polo
coordinador.

O tempo non dá para máis. Teño Mozilla moi abandoado, vou a trancas e
barrancas, e así non pode ser. Nin para a xente que queira colaborar
nin para sacar os produtos ben localizados ao galego e a tempo. Fai
case tres anos que me puxen a isto e pola forma na que o xestiono, só
traballo eu, e ten que ser culpa miña. Hoxe cando fun a
galician.mozdev, decateime de que ía facer tres meses que non se
enviaba un correo a lista. Vedes, existe un problema, e ten quer co
coordinador, que non coordina e para iso está.

Espero que en Trasno, se presenta algún voluntario na lista de
Mozilla. Ou se teño sorte, presentarase algún da lista do equipo.
Seguro que hai alguén que quere dar un paso adiante.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a