Bon día,

Antes de nada, quero darvos unha felicitación a todos os participantes
na tradución desta nova versión de KDE SC; a resposta foi
inimaxinabelmente mellor do que nunca agardara.
Merece unha mención especial Adrián Chaves Fernández, que fixo un
traballo extraordinario.

Agora ao que viña:

Desde hoxe a iso das nove da mañá "trunk/l10n-kde4" é KDE SC 4.11,
mentres que "branches/stable/l10n-kde4" é KDE SC 4.10.
Por favor, poñédevos en stand-by até media tarde e logo facei un svn
update (ou mellor, un anovar.sh gl).

Que facer logo? Se tedes os proxectos do lokalize correctamente
configurados, debería ser trivial poder traballar con calquera das
versións e que a outra se sincronice (rtfm, con F de "fine"). Por
favor, traballade con stable, sincronizando automaticamente trunk de
aquí até final de mes. Logo mellor seguir por trunk.

Que vaia ben!
Marce
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a