> Cona! Pensei que tiñamos mais tempo... teño extragear-utils rematado, para > extragear-sysadmin aínda me falta un pouco e darlle unha revisión en > profundidade. Chegaría a tempo se che mando extragear-utils ou é mellor que > espere?
Pois eu tamén pensaba iso, pero xa vés! De calquera xeito o prazo segue aberto, só cambia o que traballar. Mellor vai enviando o que vaias acabando. E a ser posíbel NON respondas a mensaxes nin sigas fíos. O xeito de traballar con scripts pensárao para usar este fluxo de traballo: trasno_firsttime.sh -> anovar.sh gl -(traducir)-> empaquetar.sh -> correo electrónico. Respecto do de traballar en trunk ou stable, é cuestión de configurar o proxecto tendo en conta isto: http://docs.kde.org/stable/en/kdesdk/lokalize/file-sync.html Deste xeito podes ter dous proxectos: un para trunk e outro para usar temporalmente; neste estarías a traducir o stable e terías como galla trunk (con anovar.sh colles todo de calquera xeito). Iso si, terías que ir empaquetando o traballo en stable, e logo, cando saia, xa podes volver ao proxecto de sempre (trunk), e has ter todo aí, traducido e listo para empaquetar. Estou para calquera aclaración. Marce _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

