Teño que corrixir un dato: o activista que está detrás da conta @twitter_en_galego é Carlos García Vieito (http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/25/twitter-en-galego/) que é distinto do tradutor principal @markooss (2716 cadeas) seguido de @xurxogpe (1921 cadeas) @amilGZ (1295) @sillao (820)
Por certo dous apuntes curiosos - os de Política Lingüística que tanto botamos de menos en todo SI que colaboraron... vese aquí https://translate.twitter.com/user/SXPL - Coñeciades este proxecto de rexistro de chíos en galego http://diario.consellodacultura.org/gl/tweets/?page=666 Habería que mandarlles un toque para que en vez de "tuits" usen o termo oficial "chíos" :-D 2013/2/21 Antón Méixome <[email protected]>: > > > > > 2013/2/21 Adrián Chaves Fernández <[email protected]> >> >> Hei de dicir que non acabo de ver iso de anunciar a tradución de Twitter >> no sitio web oficial de Trasno. > > > Douche a miña perspectiva > > Se a saída ao público da opción non conseguise unha certa repercusión nos > medios e tal, eu faría esa nova tratándoo como exemplo de que a presenza do > galego nas modernas plataformas da comunicación depende finalmente da xente. > Esa foi a miña única pretension en darlle o maior impacto posible. Para min, > o soporte na rede, nas interfaces actuais, do galego é absolutamente > equivalente á invención da imprenta. > > Para salientar, ademais falta total de apoio das autoridades (políticas) non > sendo para tirar proveito para tal ou cal partido en campañas electorais; > tamén faltaron mesmo entidades culturais e asociativas ao chamado. > > Tamén para salientar o "experimento" cultural que resula a determinación de > terminoloxía técnica para un proxecto de certa complexidade nun entorno sen > figuras de autoridade, como se fai en Trasno. > > Tamén para salientar que as orientacións que algúns membros de Trasno demos > ao principio do proxecto puxeron bases o bastante firmes para que a xente > non tropezase mil veces nos mesmos croios e puidese avanzar. Despois conviña > retirarse para deixar que outros, ben encamiñados xa, medrasen co proxecto. > Que non decaese pero tendo coidado de non taponar a ninguén e confiar, > confiar. É a miña opinión, claro. > > No fondo, non resulta un proxecto de tradución demasiado diferente ao que > facemos noutros casos onde a xente de Trasno non temos a responsabilidade ou > participación exclusiva senón que somos "parte de". > > Ora, é certo absolutamente que non podemos facer pasar o colectivo Trasno > como o que levou a maior parte do peso. Quen o levou maiormente, nun grao > altísimo, foi o usuario @markooss, responsable tamén da conta > @twitter_en_galego e do blog (que agora non atopo). > > Máis alá do mérito, a quen corresponda, está a necesidade de divulgalo. Aí é > onde Trasno como web podía axudar. Como está tendo abondo repercusión, creo > que xa non é necesario pero había que esperar. > > Do que había que publicar era da saída de Firefox 19.0 que iso si que nos > toca totalmente, así que animo a Keko ou a quen teña algo que comunicar que > o divulgue tamén para sacarlle lustre ao traballo, presumir de idioma e > tentar atraer a máis colaboradores porque son proxectos de éxito. > > Saúdos > > > > > >> >> O Xoves, 21 de Febreiro de 2013 08:52:13 Leandro Regueiro escribiu: >> > On Wed, Feb 20, 2013 at 8:45 PM, Antón Méixome <[email protected]> >> > wrote: >> > > Excelente nova para o Día da Lingua Materna. Non é SwL pero é unha >> > > tradución >> > > feita pola comunidade na que participaron varios dos membros de >> > > Trasno. >> > >> > Ocúpaste ti logo de redactar unha nova? >> > >> > A ver se dera tempo a botar a andar a nova web (todos os servizos). >> > Iso si que estaría ben. >> > >> > > Chío, chío >> > >> > Rechouchío, rechouchío :) >> > _______________________________________________ >> > Proxecto mailing list >> > [email protected] >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

