Ola a todos, Informo de que, non sei se hoxe ou onte, se liberou a versión 2.6.3 de OmegaT, software libre de tradución asistida, e dispóñome a traducilo ao galego como parte do meu Traballo de Fin de Grao en tradución e interpretación. Xa me puxen en contacto con eles e é posible que traduza tamén o seu sitio web. Gustaríame poder contar co voso aval, se é posible.
Un saúdo a todos -- Isaac Álvarez Veiga Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

