Adrián, eses exemplos seguen todos o patrón verbo+obxecto directo. En xeral, estes dous elementos non van conectados con preprosición: "O lobo comeu ás ovellas" é incorrecto, "o lobo comeu as ovellas" correcto. Con preposición case non existiría a segunda forma do artigo. "Derrota eses monstros" -> "Derrótaos" -> "Derrota a eses monstros"* -> "Derrota-a-os"*
On 8/14/13, Adrián Chaves Fernández <[email protected]> wrote: > Lembro que hai moito tempo escoitara a Antón falar do uso indebido da > preposición «a» con certos verbos en galego por influencia de castelán. > Sospeito que son (extremadamente) propenso a cometer este tipo de erro, e o > peor de todo é que non sempre teño moi claro se o estou a cometer ou non > mesmo ao revisar cadeas que inclúen o erro. > > No caso de «derrotar» estaba a empregar a preposición «a» con el en moitos > lugares de A batalla polo Noroeste, pero vendo a entrada do DRAG¹ non vexo > que se mencione nin use nos exemplos a preposición, o que me leva a pensar > que estaba a facer un uso completamente incorrecto, e que o uso da > preposición só corresponde cando vai seguido dun nome propio. > > Pode alguén confirmarme se son correctos todos os seguintes usos do verbo? > Gustaríame ter esa confirmación antes de enviar as cadeas ao repositorio, > non vaia ser que entre as correccións meta máis a zoca, especialmente cunha > palabra como esta que aparece na práctica totalidade das campañas do xogo. > > • Derrota o dragón. > • Derrota os orcos. > • Derrota eses monstros. > • Derrota un dos líderes inimigos. > • Derrota todos os líderes inimigos. > • Derrota 5 unidades inimigas. > • Derrota o señor Cailan. > > • Derrota a Basnarán. > • Poderás derrotarme a min, pero… > > — > ¹ > http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=derrotar > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

