Hmm… Que hai de outros verbos como atacar, defender, obedecer, seguen todos o 
mesmo patrón?

O Mércores, 14 de Agosto de 2013 08:03:42 mvillarino escribiu:
> Adrián, eses exemplos seguen todos o patrón verbo+obxecto directo.
> En xeral, estes dous elementos non van conectados con preprosición: "O
> lobo comeu ás ovellas" é incorrecto, "o lobo comeu as ovellas"
> correcto.
> Con preposición case non existiría a segunda forma do artigo. "Derrota
> eses monstros" -> "Derrótaos" -> "Derrota a eses monstros"* ->
> "Derrota-a-os"*
> 
> On 8/14/13, Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com> wrote:
> > Lembro que hai moito tempo escoitara a Antón falar do uso indebido da
> > preposición «a» con certos verbos en galego por influencia de castelán.
> > Sospeito que son (extremadamente) propenso a cometer este tipo de erro, e o
> > peor de todo é que non sempre teño moi claro se o estou a cometer ou non
> > mesmo ao revisar cadeas que inclúen o erro.
> >
> > No caso de «derrotar» estaba a empregar a preposición «a» con el en moitos
> > lugares de A batalla polo Noroeste, pero vendo a entrada do DRAG¹ non vexo
> > que se mencione nin use nos exemplos a preposición, o que me leva a pensar
> > que estaba a facer un uso completamente incorrecto, e que o uso da
> > preposición só corresponde cando vai seguido dun nome propio.
> >
> > Pode alguén confirmarme se son correctos todos os seguintes usos do verbo?
> > Gustaríame ter esa confirmación antes de enviar as cadeas ao repositorio,
> > non vaia ser que entre as correccións meta máis a zoca, especialmente cunha
> > palabra como esta que aparece na práctica totalidade das campañas do xogo.
> >
> > • Derrota o dragón.
> > • Derrota os orcos.
> > • Derrota eses monstros.
> > • Derrota un dos líderes inimigos.
> > • Derrota todos os líderes inimigos.
> > • Derrota 5 unidades inimigas.
> > • Derrota o señor Cailan.
> >
> > • Derrota a Basnarán.
> > • Poderás derrotarme a min, pero…
> >
> > —
> > ¹
> > http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=derrotar
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a