Na Trasnada falamos tamén da conveniencia de adoptar unha regularización dos nomes das funcións matemáticas para todo o software relacionado, comezando por Calc pero seguindo por un montón de software importante que habería que revisar ou traducir
Buscando fontes de referencia sobre o campo atopei que moi recentemente hai unha iniciativa que nos pode vir pintada. A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Matemáticas acaba de ter unhas Xornadas de léxico matemático pero non temos acceso a ningún material nin conclusións. Tamén comunican a existencia de recursos pero non se pode acceder a eles: Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode axudar a visualizar as matemáticas en galego. Alguén da lista podería saber algo máis sobre esta iniciativa da Galipedia, que se é o que se intúe sería fenomenal? Antón P.S. Aquí tamén un artigo fantástico de Carta Xeométrica http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/11/a-utlidade-da-terminoloxia-matematica.html _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

