Boas:

Vaites! para min que iso é novo (o de pra, pro...) o de pro nunca o ouvín.
Os da RAG ben podían facer un histórico de cambios no dicionario, ó mellor xa o teñen?

De tódolos xeitos, penso que deberían mirar de facer máis accesible á xente a lingua, refírome e facilitar a súa aprendizaxe cunha língua máis regular. Vaia mareo que levamos e diría que a cousa non vai rematar aquí.

diferencia-diferenza
gracias-graza
licenza-preferencia
e tamén están as do grupo ct, cc


E esta semana entérome que xabarín non se recomenda, sendo recomendada xabaril, manda carallo para o porco bravo!! :-D

En fin... que para os de ciencias coma min isto parece unha tortura.


Dani

En 04/02/2014 18:39, Antón Méixome escribiu:
inda considérase unha redución da conxunción/adverbio pleno «aínda».
En tempos dicíase que era como "pro" (pero) ou "pra" (para). A
preferencia polas formas chamadas "plenas" na normativa é a que levou
coherentemente a privilexiar "aínda" no estándar ao punto de condenar
as demais.

Por certo, que me resulta unha enorme sorpresa comprobar que agora se
aceptan tanto pra, pro como inda... serán restos da etapa ferriniana?

2014-02-04 Dani <d...@damufo.com>:
Si, precisamente por iso preguntaba o de "inda", diría que é algo novo.
Creo lembrar que había quen prefería o uso de inda e naquel momento non
aparecía no volga nin no dicionario e por iso se desbotara dita opción.

Dani

En 04/02/2014 17:19, Miguel Bouzada escribiu:

aínda

Para todas as acepcións Sinónimo inda

http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=288440&sinom=0


2014-02-04 Dani <d...@damufo.com>:
Boas:
Achego unha captura do que penso é unha proposta estraña para corrixir
"Ainda"
Non propón "Aínda" con acento.
Se non me erro é pola maiúscula inicial xa a proposta é correcta cando se
trata de corrixir "ainda".
Por certo, xuraría que hai non moito tempo INDA non estaba no volga, non
se aceptaba e agora si, pode ser?

--
Dani


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



--
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a