Únome aos parabéns.

Deica

2014-06-07 15:57 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com>:
> +1 Bo traballo
>
> En 07/06/14 12:04, Xosé escribiu:
>> Parabéns e grazas!
>>
>> Xosé
>>
>> 2014-06-07 11:55 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández 
>> <adriyeticha...@gmail.com>:
>>> Para que non pareza que o proxecto anda parado, pensei que o mellor sería
>>> facer un resumo tanto do que estiven a facer estes últimos meses como do que
>>> estou a facer agora en relación co corrector de galego.
>>>
>>> Actualización de módulos e solución de erros
>>> ============================================
>>>
>>> Estou procurando facer tarefas de mantemento do corrector cada certo tempo.
>>> Estas tarefas inclúen:
>>>
>>>     • Solucionar erros dos que se informou mediante Github¹.
>>>     • Solucionar erros dos que se informou no wiki de Trasno².
>>>     • Actualizar os módulos de vocabulario e suxestións susceptíbeis de
>>>       requirir actualizacións, ben manualmente (coma no caso das suxestións 
>>> da
>>>       Galipedia) ou ben automaticamente (que por sorte é o caso 
>>> maioritario).
>>>
>>> Os cambios relacionados con estas tarefas de mantemento que levo feitos 
>>> dende
>>> o 13 de outubro do ano pasado están listos para integrarse co almacén
>>> principal en calquera momento:
>>>
>>>     https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/191
>>>
>>> Estes cambios inclúen a creación dun novo módulo, «drag», que substitúe ao
>>> «volga» como módulo principal de vocabulario. O módulo é basicamente o 
>>> «volga»
>>> con modificacións baseadas en diferencias entre o DRAG e o VOLGa que se 
>>> foron
>>> detectando.
>>>
>>> Os cambios tamén inclúen unha morea de vocabulario que non contemplan nin o
>>> DRAG nin o VOLGa, vocabulario suxerido en distintas páxinas e na lista de
>>> correo de Trasno no pasado. Este vocabulario foi engadido ao módulo de
>>> «comunidade», o módulo onde se está a gardar vocabulario que non está 
>>> apoiado
>>> por fontes que teñan módulo de seu.
>>>
>>>
>>> Limpeza do módulo de comunidade
>>> ===============================
>>>
>>> Desde que efectuamos a separación dos ficheiros fonte do corrector en 
>>> módulos,
>>> todo o vocabulario do corrector que non procedía do VOLGa meteuse nun módulo
>>> separado, «comunidade». O obxectivo do módulo «comunidade» é o de albergar
>>> vocabulario e suxestións suxeridas por usuarios que aínda non están en 
>>> ningún
>>> outro módulo, e para as que non se dispón dunha fonte a partir da cal crear 
>>> un
>>> módulo que as conteña.
>>>
>>> Por exemplo, suxeriuse a palabra «autoestima». Esta palabra non está nin no
>>> VOLGa nin no DRAG. Ata que se atope outra fonte “oficialista” que contemple 
>>> a
>>> existencia da palabra, «autoestima» engadiuse ao módulo «comunidade».
>>>
>>> Ao principio da súa creación, o módulo «comunidade» estaba repleto de
>>> vocabulario (especialmente de topónimos) do que era posible atopar fontes. 
>>> Así
>>> que decidín poñerme a buscar fontes que contemplasen termos de «comunidade»,
>>> creando módulos para esas fontes e eliminando os termos de «comunidade».
>>>
>>> Como resultado o contido do módulo «comunidade» reduciuse de maneira 
>>> drástica,
>>> e agora contamos cunha chea de módulos novos ou estendidos que poden
>>> actualizarse de maneira automática: ceg (Confederación de Empresarios de
>>> Galicia), microsoft, santiago (concello), udc, usc, uvigo, wikipedia e
>>> wiktionary.
>>>
>>> Estes cambios tamén están listos para integrarse co almacén principal en
>>> calquera momento:
>>>
>>>         https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/192
>>>
>>>
>>> Automatización do módulo «drag»
>>> ===============================
>>>
>>> No que estou traballando nestes momentos, dende hai un par de semanas, é en
>>> automatizar a xeración do módulo «drag» a partir do contido das entradas do
>>> dicionario da Real Academia Galega³.
>>>
>>> Supoñendo que o dea conseguido, isto permitiríanos:
>>>
>>>     • Incluír no corrector vocabulario que foi engadido ao DRAG pero non
>>>       estaba no VOLGa (do que aínda non sabemos, algunhas destas diferencias
>>>       xa se corrixiron manualmente a medida que se descubriron).
>>>         • Detectar cando a RAG engada novas entradas ao dicionario ou 
>>> modifique
>>>       entradas en aspectos que afecten á ortografía (e.g. a transitividade 
>>> dos
>>>       verbos).
>>>     • Poder adaptar facilmente o corrector a calquera cambio no formato ou
>>>       calquera nova funcionalidade de Hunspell.
>>>
>>> Estou a usar o contido actual do módulo «drag» como referencia para 
>>> asegurarme
>>> de que o contido xerado automaticamente non introduce erros ou elimina
>>> vocabulario ou datos de contexto que fornece o contido actual do módulo, e 
>>> de
>>> momento estou bastante seguro de que conseguirei esta automatización co 
>>> tempo.
>>>
>>>
>>> Máis nada :)
>>>
>>>
>>> —
>>> ¹ https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues
>>> ²
>>> http://wiki.trasno.net/Coordinaci%C3%B3n_do_desenvolvemento_do_corrector_Hunspell_de_galego#Erros_e_propostas_pendentes
>>> ³ www.realacademiagalega.org/dicionario
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a