Ola, Antón.

Pola miña parte estiven buscando ficheiros terminolóxicos de traducións de
Android ao galego pero non atopei ningún. Sei que hai terminais que o teñen
dispoñible (varios de Samsung, por exemplo) e sei que Google está a
traballar nunha versión en galego, pero creo que non hai nada público (o
polo menos eu non atopei nada) así que, de momento, eu sigo as directrices
xerais de Trasno.

Toda colaboración é máis que benvida! :)


2014-06-16 9:28 GMT+02:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:

> 2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>:
> > Ola a todos e a todas.
> >
> > Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
> > galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
> > proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
> > localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
> > antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.
> >
> > O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl
> >
> > Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.
> >
> > Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.
> >
> > --
> > Isaac Álvarez Veiga
> > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
> > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
> >
>
> Ola Isaac
>
> Molestia? Todo o contrario.
> Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese
> dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño
> en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida.
> Acabo de solicitar a alta.
>
> O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización
> de criterios de tradución.
>
> Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que
> basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que
> están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións
> ningunha referencia.
>
>
>
>
>
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a