2014-06-16 12:57 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga <[email protected]>: > Ola, Antón. > > Pola miña parte estiven buscando ficheiros terminolóxicos de traducións de > Android ao galego pero non atopei ningún. Sei que hai terminais que o teñen > dispoñible (varios de Samsung, por exemplo) e sei que Google está a > traballar nunha versión en galego, pero creo que non hai nada público (o > polo menos eu non atopei nada) así que, de momento, eu sigo as directrices > xerais de Trasno. > > Toda colaboración é máis que benvida! :)
Ben, o meu cuase obsoleto Sony xperia antigo ten tradución ao galego feita por R (incompleta, claro) pero moi ben feita. Sobre o que haxa en Google, seguramente o que mellor pode saber por aquí é Fran Diéguez. E do resto si, a mellor guía é o vai facendo Trasno. Lástima que estean metade dos servizos caídos :-( > > > 2014-06-16 9:28 GMT+02:00 Antón Méixome <[email protected]>: > >> 2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga <[email protected]>: >> > Ola a todos e a todas. >> > >> > Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao >> > galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron >> > o >> > proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na >> > localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, >> > mellor: >> > antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas. >> > >> > O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl >> > >> > Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida. >> > >> > Un saúdo a todos e desculpade polas molestias. >> > >> > -- >> > Isaac Álvarez Veiga >> > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español >> > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia >> > >> >> Ola Isaac >> >> Molestia? Todo o contrario. >> Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese >> dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño >> en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida. >> Acabo de solicitar a alta. >> >> O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización >> de criterios de tradución. >> >> Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que >> basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que >> están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións >> ningunha referencia. >> >> >> >> >> >> > _______________________________________________ >> > Proxecto mailing list >> > [email protected] >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > -- > Isaac Álvarez Veiga > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

