2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga <[email protected]>: > Ola a todos e a todas. > > Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao > galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o > proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na > localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor: > antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas. > > O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl > > Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida. > > Un saúdo a todos e desculpade polas molestias. > > -- > Isaac Álvarez Veiga > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia >
Ola Isaac Molestia? Todo o contrario. Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida. Acabo de solicitar a alta. O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización de criterios de tradución. Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións ningunha referencia. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

