Pequeno informe de como vai o «Encontro ibérico de tradutores de Software
Libre a linguas minorizadas»
lema: Quérennos en soidade, terannos en común

http://www.softcatala.org/wiki/Trobada_Iberica

 an
    Trobada iberica de traductors de software libre a luengas minorizadas
    «Mos quieren en soledat, chuntos mos trobarán»
ast
    Alcuentru ibéricu de traductores de software llibre en llingües
minorizaes
    «Quiérennos en soledá, tendránnos en comuña»
cat
    Trobada ibèrica de traductors de programari lliure en llengües
minoritzades
    «En solitud ens volen, en comú ens hauran»
eus
    Hizkuntza gutxituen software libreko itzultzaileen iberiar biltzarra
    «Bakardadean nahi gaituzte; elkarrekin arituko gara»

A celebrar na primeira fin de semana, sábado e domingo 4 e 5, do mes de
outubro, no CNTG (Santiago) https://cntg.xunta.es/web/cnt/home

Detalles de interese xeral:

Arredor do día 12 de xuño publicaremos o web da actividade en:
http://eitsl.trasno.net
Esta páxina vai ir aloxada en servidores de Tegnix, con cargo a GALPon e
está a desenvolvela, en html5, o noso amigo Alberto Permuy de O Zulo (como
colaboración deles e este encontro). Ao mesmo tempo disporemos dunha folla
de rexistro/inscrición.

Aceptaremos dous tipos de inscrición, para que nos entendamos imos chamalos:
    Convidados: xente que se inscribe como «colaboradores» dos grupos
participantes
        Nota: no caso de Trasno, tanto os socios como os non socios, mais
que participades nos diferentes proxectos de tradución.
    Asistentes: calquera persoa que teña interese en asistir (como
oíntes/espectadores) dos debates.

A organización (léase A.C. Proxecto Tasno) pagará:
    Unha habitación dobre de hotel por grupo asistente
    As comidas e a cea dos «convidados»

Grazas a GALPon, temos tamén un fondo para unha bolsa, coa que poderemos
pagar (ou axudar) algúns cuartos de hotel para os (trasnegos ou socios) que
teñades dificultades (solicitárllelo a secreta...@trasno.net)

Solicitamos de todos vos ideas/suxestións sobre as mesas de traballo.
Cantas máis recibamos mellor poderemos organizalo todo.


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a