Ola,
Hai un pouco máis de un ano falouse nesta rolda da posibilidade de fixar nomes en galego para os movementos básicos en pantallas táctiles (velaquí o fío http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2013-May/004558.html). Ao final chegouse a algún consenso? Alguén coñece as denominacións que se están empregando nas localizacións parciais de Android que están en uso? No Corpus Multilingüe de Microsoft (http://www.microsoft.com/language/es-es/Search.aspx) poden atoparse as que eles recomendan, e o Termcat tamén fai a súa proposta (http://www.termcat.cat/docs/PDF/GestosTactils.pdf). Un saúdo Xusto
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

