O 21 Nov, 2014 08:48, "iria castro" <[email protected]> escribiu: > > Bo día! > > Xa que me acabo de dar de alta na lista de correo, quería presentarme. Son Iria Castro, tradutora e intérprete (ou iso intento) e, ademais, bolseira dunha empresa do naval de Vigo. > Benvida Iria! Consirérate xa unha trasnega :)
> Decidín axudar como voluntaria en Proxecto Trasno por varias razóns: a primeira, porque adoito facer traducións voluntarias para diversas ONGs e a segunda, porque unha parte do meu traballo como bolseira foi localizar a páxina web da empresa ó inglés, o que fixo que me interesase un chisquiño máis pola localización. > > Eu creo que para aprender é necesario face-las cousas e non só ler sobre elas, por iso me inscribín, para poder facer aportacións significativas ó esforzo que estades facendo dende Proxecto Trasno. > Canta verdade. Iso eu véxoo no meu campo de traballo: apréndese máis coa práctica que ca teoría. > Vou intentar escoller un proxecto para comezar canto antes. Se estás en ongs, seguramente che veñan a mente aplicacións prácticas para contabilidade, planificación... Xa contarás con que ferramentas te pos: pódelle interesar a outra xente traducilas contigo. > Grazas e un saudiño! > > > -- > Iria Castro > > Sworn Translator and Interpreter EN>GL>EN > Translator and interpreter EN, PT>ES, GL > > (+34) 670 463 933 > Skype: iria.castro.fernandez > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

