ben vida e grazas polo teu interese en colaborar ;)
O Ven, 21 de Nov do 2014 ás 8:48 , iria castro <[email protected]>
escribiu:
Bo día!
Xa que me acabo de dar de alta na lista de correo, quería
presentarme. Son Iria Castro, tradutora e intérprete (ou iso
intento) e, ademais, bolseira dunha empresa do naval de Vigo.
Decidín axudar como voluntaria en Proxecto Trasno por varias
razóns: a primeira, porque adoito facer traducións voluntarias para
diversas ONGs e a segunda, porque unha parte do meu traballo como
bolseira foi localizar a páxina web da empresa ó inglés, o que
fixo que me interesase un chisquiño máis pola localización.
Eu creo que para aprender é necesario face-las cousas e non só ler
sobre elas, por iso me inscribín, para poder facer aportacións
significativas ó esforzo que estades facendo dende Proxecto Trasno.
Vou intentar escoller un proxecto para comezar canto antes.
Grazas e un saudiño!
--
Iria Castro
Sworn Translator and Interpreter EN>GL>EN
Translator and interpreter EN, PT>ES, GL
(+34) 670 463 933
Skype: iria.castro.fernandez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto