Ola Iria. Mañá estaremos en Pontevedra falando do divino e do humano, se o consideras, podes achegarte e así tamén en persoa poderemos falar máis detalladamente.
Comeremos alí preto un cocidiño (ou o que nos poñan, eso si, pagado ao estilo Ribadeo) durante a que pode ser un bo momento para tentar definir onde te atoparias máis cómoda. http://www.trasno.net/2014/11/a-trasnada-14-sera-en-pontevedra/ O 21 novembro 2014 08:48, iria castro <[email protected]> escribiu: > Bo día! > > Xa que me acabo de dar de alta na lista de correo, quería presentarme. Son > Iria Castro, tradutora e intérprete (ou iso intento) e, ademais, bolseira > dunha empresa do naval de Vigo. > > Decidín axudar como voluntaria en Proxecto Trasno por varias razóns: a > primeira, porque adoito facer traducións voluntarias para diversas ONGs e a > segunda, porque unha parte do meu traballo como bolseira foi localizar a > páxina web da empresa ó inglés, o que fixo que me interesase un chisquiño > máis pola localización. > > Eu creo que para aprender é necesario face-las cousas e non só ler sobre > elas, por iso me inscribín, para poder facer aportacións significativas ó > esforzo que estades facendo dende Proxecto Trasno. > > Vou intentar escoller un proxecto para comezar canto antes. > > Grazas e un saudiño! > > > -- > Iria Castro > > Sworn Translator and Interpreter EN>GL>EN > Translator and interpreter EN, PT>ES, GL > > (+34) 670 463 933 > Skype: iria.castro.fernandez > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > -- Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

