Bo día,
Estou interesado en traducción de aplicativos para que os rapaces aprendan
a programar. Teño traducido o Scratch ao galego
É a túa a tradución que hai integrada no scratch oficial?
Se é así, vai pensando en facerlle unha forte revisión, son moitos os
profes que se queixa dela e constantemente están a solicitarme a tradución
que fixera eu cando a versión que traballa en local non incuía o galego.
Unha das cousas que máis me chamou a atención é a tradución de «sprite» por
obxecto (igual que fai, erradamente, o español) no canto de empregar
«trasno» como fan o resto de linguas románicas.
Si é miña a traducción ... e si penso facerlle a revisión ... supoño que
ten moitos fallos porque non son un experto e é a primeira que fago. Por
outra parte, a colaboración é benvida, só hai que darse de alta no
sistema e a contribuir.
Todas as queixas que vos cheguen agradecería que mas reenviedes á miña
conta de correo [email protected]
Sobr o termo "sprite" o certo é que lle din moitas voltas. Inicialmente
traducirao a "obxecto", pero xa fai tempo que cambiei a traducción a
"figura". Non me parece que o termo "trasno" sexa axeitado, ainda que
eso dito nesta comunidade que curiosamente tamén se chama "trasno"
quizáis non sexa políticamente correcto. En "The word reference"
recomendan non traducilo e deixar o termo inglés, pero eu decanteime por
utilizar o termo "figura" que coido que da unha idea do que é no
Scracth. Un elemento que se representa gráficamente e que pode ter
interactividade.
Manuel
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto