Xa temos un repositorio para construír extensións XPI baseadas en Hunspell.
É dicir, instalar a última instantánea do corrector en Firefox só require executar as seguintes ordes: git clone --recursive https://github.com/eitsl/hunspell-xpi.git cd hunspell-xpi/ python2 utils/build.py -l gl -p drag E arrastrar o ficheiro «build/gl-drag.xpi» a unha xanela do Firefox. Tamén se pode substituír «-p drag» por «-p comunidade» para construír o corrector da comunidade. Por motivos de eficiencia os scripts non usan puro Python senón que utilizan ferramentas do sistema como «sort» durante a construción do complemento, polo que non descarto que a algún non lle funcione ben o guión «build.py». Por non falar de dependencias como PyICU que a maioría non teredes instalada e poderían ser necesarias para o guión. En calquera caso, agradezo os detalles de calquera problema para mellorar a forma en que o guión informa das dependencias necesarias non atopadas. O guión está pensado unicamente para probas, non para xerar o XPI final que poder publicar logo no sitio web de Mozilla. Para isto último xa traballarei noutro guión que Dani poida usar para ese fin.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

