Este é texto que propoño para difundir (comentade):

En nome da comunidade galega de tradutores voluntarios de software
libre «Proxecto Trasno», manifesto o noso dó polo pasamento de Ian,
pioneiro e fundador de Debian, un dos proxectos nos que traballamos e
que nos reuniron a nós en comunidade aberta desde hai 15 anos co fin
de acadar un sistema operativo universal para a súa adaptación á nosa
lingua e sen dúbida a máis importante e influente distribución de
código aberto ao longo do tempo.Non só o software senón sobre todo os
principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e
coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático
seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos
agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando
certos de seguirán dando os mellores froitos nas mans dos miles de
usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade

(redacto en primeira persoa porque penso remitilo co enderezo de
presiden...@trasno.net)
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a