E se tamén o pos en trasno.gal?
O 31 dec, 2015 11:32 a.m., "Antón Méixome" <[email protected]> escribiu:

> Este é texto que propoño para difundir (comentade):
>
> En nome da comunidade galega de tradutores voluntarios de software
> libre «Proxecto Trasno», manifesto o noso dó polo pasamento de Ian,
> pioneiro e fundador de Debian, un dos proxectos nos que traballamos e
> que nos reuniron a nós en comunidade aberta desde hai 15 anos co fin
> de acadar un sistema operativo universal para a súa adaptación á nosa
> lingua e sen dúbida a máis importante e influente distribución de
> código aberto ao longo do tempo.Non só o software senón sobre todo os
> principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e
> coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático
> seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos
> agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando
> certos de seguirán dando os mellores froitos nas mans dos miles de
> usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade
>
> (redacto en primeira persoa porque penso remitilo co enderezo de
> [email protected])
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> [email protected]
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a