Boas:
Persoalmente a estas alturas non acabo de entender isto a non ser que
sexa para licencialo cunha CC ou GPL para poder usar de xeito libre
cousa que o dicionario da RAG non permite (de momento).
Con non entender refírome a que se tomamos como oficial o dicionario da
RAG o lóxico sería adicar todos os esforzos a este dicionario. Por
exemplo que pasa ante unha discrepancia entre ámbolos dicionarios?
Seguramente teña todas estas dúbidas porque non teño información
suficiente...
É unha magoa todo o relacionado con este dicionario que tan útil sobre
todo no pasado, cando o da RAG estaba sen actualizar á normativa do 2004.
Dani
On 13/01/16 07:45, Roi González Villa wrote:
Pois o dicionario Digalego está cheo de erros. Eu usábao fai catro
anos, antes de que a Real Academia Galega creara o seu dicionario. E
acabo de comprobar os erros que lles enviei fai catro anos e aínda non
están corrixidos. Menuda vergonza.
O 11 xaneiro 2016 14:54, Antón Méixome <[email protected]
<mailto:[email protected]>> escribiu:
Pois menos mal que non desaparece de todo.
Son as típicas cousas que fai a Xunta a final de lexislatura, coas
migallas que sobran aquí e alá.
O 11 xaneiro 2016 14:43, Alejo Pacín Jul <[email protected]
<mailto:[email protected]>> escribiu:
> FYI
>
> ----
> A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo
> // NOVAS |culturagalega.org <http://culturagalega.org>
>
> O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
> completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde
vía Internet.
> A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que
permite o acceso
> sen límites a este traballo, que chega ao público da man dun
acordo entre a
> Administración e a editora. Un total 65.000 temos, traducións a
múltiples
> linguas ou etimoloxías están presentes no novo espazo. A
iniciativa foi
> posible grazas a un acordo entre a Consellería de Cultura,
Educación e
> Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización
tecnolóxica de
> Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que cedeu os dereitos do
manual á
> Administración autonómica.
>
> ----
>
> Shared via my feedly reader
>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> [email protected] <mailto:[email protected]>
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected] <mailto:[email protected]>
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto