Re: Uso de hunspell desde Pology
Hai tempo que non traballo nisto, pero polo que recordo o motor enchant é o predeterminado, e no caso de querer empregalo e non estar instalada o módulo py-enchant (o nome non o teño claro) avisa cunha mensaxe de erro nalgures. Os módulos relevante poden atoparse e instalarse desde o pypi. O principal problema é que iirc py-enchant, e igualmente pyhunspell NON aproveitan o potencial de hunspell para os dicionarios no sentido de que hai que foderse e seguir en 199x co formato aspell (palabra \b palabra2\n palabra2feminino \n palabra2plural \n et coetera ad nauseam) no canto de co formato de dicionario especializado de hunspell (palabra\n palabra2 coma_esta\n palabra3 coma_estoutra\n &c.) o cal ten as súas evidentes vantaxes á hora de elaborar axiña e ben dicionarios personalizados, malia a limitación en código fonte que o hunspell pon á cantidade máxima destes que se poden usar á vez ao executar a corrección. Respecto do dito por Xavier noi seu correo: Marabilloso, eu adoro o yakuake ! Aliás, para usar a corrección ortográfica con -slokalize hai ou que estar moi taladrado, ou ter uns dicionarios persoais ans de grandes, ou tocar moito os ficheiros metendo marcas de excepción. Pero é unha posibilidade. A cuestión é (son): a) Eu teño mooi pouco tempo, polo que se alguén quere meterse a actualizar os ficheiros do pology para o galego, que o faiga (que eu saiba nunca se lle negou a ninguén unha conta real para o subversion en kde) b) Fálase moito de pasar regras, pasar corrección moi ben: pero moi pouco de que para aproveitar a tope as posibilidades de automatización de determinadas tarefas o pology require de meterlle mao aos ficheiros, isto é, de meter na cabeceira e nas unidades de tradución campos especializados para esta ferramente (ver no manual o que se refire a proxecto e ás excepcións). b') Xa que logo: pensastes ben até onde chegar a usar o pology? > Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de > como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual > no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en > GNOME. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: Uso de hunspell desde Pology
Non é que teña configurado nada en especial, simplemente me limito a executar un par de ordes. As ordes en concreto son: posieve check-rules -slang:gl -slokalize extragear-sysadmin/ para comprobar a adecuación as normas de estilo, e posieve check-spell-ec -sprovider:hunspell -slang:gl -slokalize extragear-sysadmin/ para facer corrección ortográfica, asumindo que en efecto está empregando o hunspell como lle indico. Atendendo á recomendación de Bouzada, comprobei se mentres executaba a última orde estaba en execución enchant, pero non é así. Con todo, nin con ps aux vexo ningñun proceso novo despois do python que lanza o posieve, nin en top me aparece ningún proceso relevante que me dea pistas de que motor ortográfico está traballando (é python o que consume o 98% dos ciclos). Aínda así, tendo en conta que está instalado hunspell-gl-es-volga, e non o está myspell-gl-es, creo que podo estar seguro de estar empregando o hunspell :P Para amosarvos un resultado da execución, subín unhas imaxes ó seguinte albume: http://imgur.com/a/0P1gV Evidentemente, as cadeas que se mostran teñen erros, xa o sei. Se estiveran ben xa non os detectaría posieve XD. En todo caso notar que é interesante que o propio posieve abre os ficheiros con erro e só se mostran as liñas correspondentes, cos comentarios explicativos do erro cometido como notas temporais. Outra cousa, se meto a opción -saccel:& con -slokalize fállame, a ver se vai ser iso o que che pasa a ti, Fran. El 6 de junio de 2011 10:23, Fran Dieguez escribió: > Ola a tod@s, > > O outro día na trasnada comentoume Xavier que tinha configurado o Pology > para que lle verificara ortograficamente as traducións dun ficheiro po. > > Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de > como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual > no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en > GNOME. > > Saúdos > -- > Fran Dieguez > > > ___ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Xabier Villar ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto