Re: XMMS

2000-12-01 Conversa Alberto García
On Wed, 29 Nov 2000, Roberto Suarez Soto wrote:

  un pequeno detalle: o termo 'Shade' úsase para indicar cando unha
  Pois eu traducino sempre como 'Enrolar'. ;)
   ¿E que tal 'plegar'? O que fai é máis ou menos eso, ¿non?

Se, puxen eso aínda que ó final deixeino como 'reducida' en lugar
de 'plegada' (¿'pregada'?).

mailto:bert...@yahoo.com  -= Alberto García =-
http://www.cryogen.com/berto
Clave pública PGP disponible Fidonet: 2:348/105.108

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


verbas técnicas de kbd

2000-12-01 Conversa Anxo
O pot do kbd trae unhas cantas verbas sobor da concordancia de
teclas que de moitas non estou moi seguro de se debera de traducilas ou
deixalas coma están. Eiquí vos poño unhas posibles traduccións:

keycode  codigo de teclado
keymaps  mapas de caracteres / mapa de teclas
scancode  scancode
charset  xogo de caracteres
keysym  keysym (iso-8859-*, koi8-r*)
Glyph number  ?
unicode  unicode
chartable  taboa de caracteres
magic number (usado por psfaddtable)  número maxico
consolemap  mapa de consola
unicodemap  mapa unicode
scancode  scancode
traslation table  taboa de traduccións


Tamén hai algunhas frases que non teño moi claras

Mensaxe de dumpkeys:
The followings synonyms are recognized  Os seguintes sinónimos de caracter 
están recoñecidos

Mensaxe de loadkeys:
includes nested too deeply  inclue un ? moi profundo

Mensaxe de loadkeys:
killkey called with bad index  killkey chamado co index erroneo (eiquí iria 
index ou indice)

 -- 
_
Anxo [pere...@iponet.es] | Vemonos na Arroutada Party 9
http://www.arroutada.org | Coliseum de A Coruña
-
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: O novo...

2000-12-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Mércores 29 de Novembro de 2000 ás 20:40, xpedra dicía:

Son novo e quixera comezar a participar no grupo. Xa descarguei a
documentación que irei lendo no meu tempo libre. Se tedes algo pendente,
que seguro, ou algunha suxestión ou orientación antes de comezar,
agradezo-vos que me orientedes antes de facer as cousas ás toas.

Para ese tipo de dúbidas temos a Jacobo, sempre pronto para
responder o que sexa necesario. :)))

Realmente a traducción de ficheiros en formato gettext é bastante
sinxela...

Por certo, vin que ainda non comezastes a traducir o mc, non sei
se por algunha razón especial ou polo seu tamaño... :D Se non hai
impedimento, comezaria por aí, vos mandades...

Pois, o mc tíñao Rubén, logo tentei empezalo eu pero deixeino.
Non é só polo longo que é, senón porque en poucos meses o xestor de
ficheiros oficial de GNOME vai ser o nautilus, e o mc quedará practicamente
para usalo na consola (que non é pouco).  Se o queres, adiante, é decisión
túa, aquí ninguén manda sobre ninguén. ;)  E avísamo para que che envíe o
pouco que levo feito.

E benvido ó grupo. :)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: O novo...

2000-12-01 Conversa Jacobo Tarrio
O Wed 29 Nov 2000 20:40:39 +0100, xpe...@gts.tsc.uvigo.es escribía:

 Ola, Xoán:

 Son novo e quixera comezar a participar no grupo. Xa descarguei a
 documentación que irei lendo no meu tempo libre. Se tedes algo pendente,
 que seguro, ou algunha suxestión ou orientación antes de comezar,
 agradezo-vos que me orientedes antes de facer as cousas ás toas.

 Pois... agora mesmo non che sei. Se tés dúbidas, simplemente pregúntame a
min na lista, e tratarei de responder :-)

 Saúdos dun de Lugo  desde Vigo.

 Saudos dun de Santiago dende A Coruña.

-- 
 Jacobo Tarrío Barreiro jtarrio@{iname.com,gpul.org,pulemil.com,ceu.fi.udc.es}
... 31 days left for the 21st century
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: verbas técnicas de kbd

2000-12-01 Conversa Jacobo Tarrio
O Wed 29 Nov 2000 06:54:32 +0100, Anxo escribía:

 scancode  scancode

 Pois xa postos, código de exploración :D

 Glyph number  ?

 Isto é que os caracteres tamén se poden indicar por números. Creo.

 The followings synonyms are recognized  Os seguintes sinónimos de
 caracter están recoñecidos

 Recoñécense os seguintes sinónimos.

 includes nested too deeply  inclue un ? moi profundo

 Hum; un include é un ficheiro que se inclúe dentro de outro coa directiva
'include'. Se o ficheiro que se inclúe tamén ten 'include', faille caso a
ese include (dise que se aniñan includes) e así sucesivamente, ata que chega
a certo punto, no que reventa e dá ese erro.

 killkey called with bad index  killkey chamado co index erroneo (eiquí
 iria index ou indice)

 Índice, sen dúbida.

-- 
 Jacobo Tarrío Barreiro jtarrio@{iname.com,gpul.org,pulemil.com,ceu.fi.udc.es}
... 31 days left for the 21st century
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe