O Mércores 29 de Novembro de 2000 ás 20:40, xpedra dicía:

>            Son novo e quixera comezar a participar no grupo. Xa descarguei a
>documentación que irei lendo no meu tempo libre. Se tedes algo pendente,
>que seguro, ou algunha suxestión ou orientación antes de comezar,
>agradezo-vos que me orientedes antes de facer as cousas ás toas.

        Para ese tipo de dúbidas temos a Jacobo, sempre pronto para
responder o que sexa necesario. :)))

        Realmente a traducción de ficheiros en formato gettext é bastante
sinxela...

>        Por certo, vin que ainda non comezastes a traducir o mc, non sei
>se por algunha razón especial ou polo seu tamaño... :D Se non hai
>impedimento, comezaria por aí, vos mandades...

        Poisssss, o mc tíñao Rubén, logo tentei empezalo eu pero deixeino.
Non é só polo longo que é, senón porque en poucos meses o xestor de
ficheiros oficial de GNOME vai ser o nautilus, e o mc quedará practicamente
para usalo na consola (que non é pouco).  Se o queres, adiante, é decisión
túa, aquí ninguén manda sobre ninguén. ;)  E avísamo para que che envíe o
pouco que levo feito.

        E benvido ó grupo. :)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a