Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-09 Conversa Jacobo Tarrio
O Sábado,  8 de Xuño de 2002 ás 13:25:10 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

   Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
  da nosa web: http://www.trasno.net/
   Que o desfrutedes :-)
   Xa cho dixera antes, pero noraboa, unha vez máis. ;))

 Graciñas, home, e unha pequena estatística. No mes pasado e no que levamos
deste mes, case a terceira parte dos que entraron na web do Trasno
empregando Mozilla o tiña en galego. Por certo, no mes pasado, a porcentaxe
de usuarios de Mozilla era o 11,58%; neste mes é o 22,68%, pero está claro
que é unha anomalía ;-)

 Ah, e levamos máis de 160 descargas do paquete de traducción dende o seu
anuncio, na web do Trasno. Polo de agora non sei cantas, na web de
Mozilla...

 Así que as noraboas e as gracias a todos vos, por descarga-la traducción,
por empregala, por escribir cos problemas e fallos e polo voso apoio :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-09 Conversa Jesus Bravo Alvarez
On Sun, Jun 09, 2002 at 01:02:50AM +0200, Jacobo Tarrio wrote:

  Graciñas, home, e unha pequena estatística. No mes pasado e no que levamos
 deste mes, case a terceira parte dos que entraron na web do Trasno
 empregando Mozilla o tiña en galego. Por certo, no mes pasado, a porcentaxe
 de usuarios de Mozilla era o 11,58%; neste mes é o 22,68%, pero está claro
 que é unha anomalía ;-)

¿Contas tamén os que usan galeon ou outros baseados en mozilla? :-m

  Ah, e levamos máis de 160 descargas do paquete de traducción dende o seu
 anuncio, na web do Trasno. Polo de agora non sei cantas, na web de
 Mozilla...

Unha cousa, probei a baixala dende aí e non din atopado o sitio...

http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0

Non aparece a ligazón para baixar o paquete. :?  Supoño que estará
no ftp, pero non se pode baixar directamente...

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Problema con emacs

2002-06-09 Conversa Xabi G.
Debo parecer tonto, pero é que busquei por tódolos lados en non atopo a axuda. 
Instalei o emacs e unha vez que edito unha entrada de msgstr nun buffer non sei 
que comando lanzar para que se faga efectiva. 
Se usades o emacs a ver se me podedes resolver a dúbida. Gracias.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe