dubida

2006-07-27 Conversa Leandro Regueiro

Ola, acabo de ler na FAQ de Trasno (abaixo de todo) que o instalador
de Suse non é free. Eu pensaba que agora usaba a GPL. É isto certo?

Gracias,
Leandro Regueiro$
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Normativizador

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Pois xa está feito. Puxen na páxina o pequeno script (son 3Kb) que pasa á 
normativa do 2003 automaticamente. Teño pensado engadirlle algúns dos erros 
comúns que tiña apuntados por algún lado do meu ordenador e os que se amosan 
no glosario de Trasno.

Paga a pena sobretodo personalizalo para os erros propios que teña cada un nas 
traducións. Só hai que engadir parellas

palabramal palabraben

ao ficheiro directas.rules para que faga a substitución en todos os *.po dun 
cartafol. Son 200 susbtitucións en total, aproximadamente.

Pejas que se lle poden poñer:

1)Hai algunha norma que non se lle pode implementar. Por exemplo a que é 
relativa a "Consellaría" no canto de "Consellería" (recomendación) non se 
pode implementar porque substituiría, así de primeiras, moitas conxugacións 
de verbos. (eu tería->eu taría) Só se podería implementar con un vocabulario 
completo dos sustantivos, pero coido que se escapa.

2)Só actúa sobre os msgstr e non é intelixente como un diccionario completo.

Estou pensando en facer un para pasar de lusista a oficial e viceversa (non 
teño idea se hai máis cambios que os ortográficos.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Autocorríxome, sobraba o segundo msgstr. Xa funciona todo ben.

Gracias Jesús.

> Xa estaban xuntas, pero era como dis cousa do sed -e, que tiña que pór -i.
> Agora xa funciona, pero aínda así estoume a dar de conta que non me vale a
> instrucción, pois omite as cadeas que aínda non comezando por msgstr están
> dentro do msgstr (despois del, entre "")
>
> Tentei con
>
> "/^msgstr/,/^$/s/\(^msgstr.*\) \(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1
> \2${replace[$a+1]}\4/"
>
> que supostamente tería que restrinxir a substitución aos bloques que
> comezan por msgstr ( /^msgstr/) e que rematan cunha liña en branco (/^$/).
> Pero non funciona.
>
> > O Xoves 27 de Xullo de 2006 ás 01:34, Xabi dicía:
> > >for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do `sed -e 's/\(^msgstr.*\)
> > >\(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 \2${replace[$a+1]}\4/' *.po` ;done;
> >
> > Supoño que estas dúas liñas van xuntas, non?  Seica non podes
> > empezar un ` nunha liña e rematalo noutra.  Aínda que sempre podes poñer
> > un \ ao final da primeira liña.
> >
> > De todos modos, no primeiro sed puxeches ben o "sed -i", aquí
> > puxeches "sed -e", iso débeche estar a dar problemas ao haber varios *.po
> >
> > Proba a ver se vai agora...
>
> ___
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Traducíon do KeePassX

2006-07-27 Conversa Daniel Muñiz Fontoira

Ola a todos:
Estou facendo a revisión (fixen unha primeira traducion e estou 
afinando) da tradución do keepassx, é a versión do keepass para linux. 
Eu teñoo instalado no ubuntu 6.06. (tamen en windows a version keepass 
(sen a X) pero para ese SO non lle vou facer a tradución)

¿alguen usa esta aplicación?
Como xa comentei isto vai con qt. e non ten os tipicos .po de todos 
xeitos é moi simple a verdade sorprendeume o sinxelo da tradución e o 
ben que funciona o qt3 linguist.
Gostaríame saber se hai algún voluntario que lle vote un vistazo ao que 
estou a traducir porque seguro que hai algo mal.

Saudos a todos
A páxina do proxecto é http://keepassx.sourceforge.net/


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Xa estaban xuntas, pero era como dis cousa do sed -e, que tiña que pór -i. 
Agora xa funciona, pero aínda así estoume a dar de conta que non me vale a 
instrucción, pois omite as cadeas que aínda non comezando por msgstr están 
dentro do msgstr (despois del, entre "")

Tentei con 

"/^msgstr/,/^$/s/\(^msgstr.*\) \(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 
\2${replace[$a+1]}\4/"

que supostamente tería que restrinxir a substitución aos bloques que comezan 
por msgstr ( /^msgstr/) e que rematan cunha liña en branco (/^$/). Pero non 
funciona.



> O Xoves 27 de Xullo de 2006 ás 01:34, Xabi dicía:
> >for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do `sed -e 's/\(^msgstr.*\)
> >\(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 \2${replace[$a+1]}\4/' *.po` ;done;
>
>   Supoño que estas dúas liñas van xuntas, non?  Seica non podes
> empezar un ` nunha liña e rematalo noutra.  Aínda que sempre podes poñer un
> \ ao final da primeira liña.
>
>   De todos modos, no primeiro sed puxeches ben o "sed -i", aquí
> puxeches "sed -e", iso débeche estar a dar problemas ao haber varios *.po
>
>   Proba a ver se vai agora...
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Xoves 27 de Xullo de 2006 ás 01:34, Xabi dicía:

>for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do `sed -e 's/\(^msgstr.*\) 
>\(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 \2${replace[$a+1]}\4/' *.po` ;done;

Supoño que estas dúas liñas van xuntas, non?  Seica non podes
empezar un ` nunha liña e rematalo noutra.  Aínda que sempre podes poñer un
\ ao final da primeira liña.

De todos modos, no primeiro sed puxeches ben o "sed -i", aquí
puxeches "sed -e", iso débeche estar a dar problemas ao haber varios *.po

Proba a ver se vai agora...

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Ola,

teño un problema co uso de sed e as expresións regulares. Unha vez ben postas 
ditas expresións (co que quero dicir que funcionan executándoas manualmente 
con sed), a segunda non funciona meténdoa nun pequeno programa en intérprete 
de comandos. As ordes,que funcionan ben, son:

sed -i 's/foo/bar/g' ficheiro.po

sed -e 's/\(^msgstr.*\) \(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 
\2${replace[$a+1]}\4/' ficheiro.po

A primeira substitúe a secas ao "foo" que atope por "bar" tanto nos msgid como 
nos msgstr (como son palabras en galego, non vai nunca actuar sobre os 
msgid).

A segunda serve para substituir lexemas, morfemas ou só partes das palabras 
dentro dos msgstr dun ficheiro po.

Logo de comprobar que ambas funcionan correctamente, as meto nun ficheiro 
shell deste xeito (ao ficheiro chámoo "remprazar") :

#!/bin/sh
counter=0;for f in `cat directas.rules`;do 
replace[counter]=$f;counter=$counter+1;done;counter2=0;
for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do 
`sed -i "s/${replace[$a]}/${replace[$a+1]}/g" *.po` ;done;
counter=0;for f in `cat complexas.rules`;do 
replace[counter]=$f;counter=$counter+1;done;counter2=0;
for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do `sed -e 's/\(^msgstr.*\) 
\(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 \2${replace[$a+1]}\4/' *.po` ;done;

Collen de dous ficheiros auxilaries en formato de lista (directas.rules e 
complexas.rules) con cousas así:

palabra1 substitución1
palabra2 substitución2


e fan as substitucións, sobre os *.po, que neles se indiquen. A primeira orde 
segue funcionando, pero a segunda dáme problemas coa sintaxe, pois creo que 
tantas comas acaban liando a cousa. Dáme o erro

remprazar: line 5: msgstr: command not found

Algún informático experto pode dar algunha axudiña para colocar ben a cousa no 
ficheiro? Agradécese, porque logo publico os directas.rules e complexas.rules 
para que cada quen faga uso deles ou os modifique a gusto cos seus erros de 
tradución máis comúns. Xa teño metida a nova normativa oficial (do 2003) en 
100 instruccións aproximadamente (para llela pasar ás traducións anteriores). 
Logo tamén se podería facer un ficheiro para pasar dunha normativa a outra.

A ver se alguén se anima a facer un castelanismo.rules, anglicismos.rules ou 
cousas así para meter xunto co ficheiro directas.rules ;).

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno