Pois xa está feito. Puxen na páxina o pequeno script (son 3Kb) que pasa á 
normativa do 2003 automaticamente. Teño pensado engadirlle algúns dos erros 
comúns que tiña apuntados por algún lado do meu ordenador e os que se amosan 
no glosario de Trasno.

Paga a pena sobretodo personalizalo para os erros propios que teña cada un nas 
traducións. Só hai que engadir parellas

palabramal palabraben

ao ficheiro directas.rules para que faga a substitución en todos os *.po dun 
cartafol. Son 200 susbtitucións en total, aproximadamente.

Pejas que se lle poden poñer:

1)Hai algunha norma que non se lle pode implementar. Por exemplo a que é 
relativa a "Consellaría" no canto de "Consellería" (recomendación) non se 
pode implementar porque substituiría, así de primeiras, moitas conxugacións 
de verbos. (eu tería->eu taría) Só se podería implementar con un vocabulario 
completo dos sustantivos, pero coido que se escapa.

2)Só actúa sobre os msgstr e non é intelixente como un diccionario completo.

Estou pensando en facer un para pasar de lusista a oficial e viceversa (non 
teño idea se hai máis cambios que os ortográficos.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a