Re: dubidas

2007-03-30 Conversa mvillarino
O Venres, 30 de Marzo de 2007 13:35, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
 Por certo, non puiden ir á guademy, aínda que me gustaría ter ido no
 lugar de pasalo no hospital coa miña dona, nada grave pero había que estar.
Vaia, espero que estexa ben.

Aliás, non perdiche grande cousa --pdv dun tradutor voluntario--, eu estiven o 
venres tarde na charla de tradución de gnome e foi básica de todo. A seguinte 
(deseño de interfaces con QT designer + algoritmos en python) estivo 
interesante, sobretodo agora que estou a tomarme uns días sabáticos na 
tradución e tocando a funcionalidade dos orzamentos en kmymoney.
O sábado, tras aprobar o PER e meternos unha comilona no mesón El escudo, ao 
lado da náutico-pesqueira (menudo sablazo por uns percebes e un chuletón: 67 
euros!), fun a ver se vía ao cheriff Seigo, pero como ían con retraso, tiven 
que irme.

O mellor sen dúbida foi coñecer a (por orde alfabética) Alberto García e 
Jtarrio.

-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpobmgr0FESI.pgp
Description: PGP signature


Re: dubidas

2007-03-30 Conversa Antón Méixome
A cousa explícase desde o punto de vista histórico pola evolución do 
vocabulario.


En resumo, porque teñen orixes e evolución diferente.

Orixe:
/extensĭo, -ōnis
//extendĕre/

Comentario:

O substantivo e*x*tensión vén directamente do *substantivo* do latín 
E*X*TENSIO, mentres que o adxectivo estendido vén do *verbo* romance 
e*s*tender a partir do cal se crea un novo participio, estendido, 
que, ao usarse para describir situacións, acaba por converterse para os 
falantes en adxectivo tanto ou máis que verbo (en participio). É unha 
situación moi común en galego por ter moitos dobretes nos participios 
(fritido-frito) que dan lugar a novos adxectivos e substantivos cando, 
ao mesmo tempo, mantén herdeiros dos antigos substantivos latinos.


O cambio do -X- polo -s- é simple:
-X- é en realidade -[ks]-. Segundo o tipo de palabra (sen explicar máis 
profundidades agora) a evolución dese -ks- latino tomou dous camiños


a) Converterse no noso -x- (de xente): EXEMPLU(M)  exemplo
b) Simplificar no -s- : EXTRA NEU(M)  estraño

Se te das conta en galego tamén temos extenso que non é exactamente o 
mesmo que estendido. Extenso vén, pois, directamente do verbo latino 
antigo mentres estendido nace xa no verbo do latín moderno (isto é, no 
galego). Iso explica por un lado a diferenza da escrita e por outra a 
diferenza do seu significado:


Exemplo de uso:
- A herba quedou estendida despois de dúas horas de traballo. (resultado 
dunha acción)

- O campo é extenso coma o que máis. (descrición dunha cousa)

Como verás non son intercambiables.

Outros casos:

O mesmo pasa por exemplo con cinguir-cinguido-cinto, 
tinxir-tinxida-tinta, romper-rompido-roto, etc


Espero que sirva.

Antón Méixome





Daniel Muñiz Fontoira escribió:

Como curiosidade:
extensión é con x
estendido é con s
algún linguista que explique isto???

Saudos

Por certo, non puiden ir á guademy, aínda que me gustaría ter ido no
lugar de pasalo no hospital coa miña dona, nada grave pero había que estar.

  


Re: dubidas

2007-03-30 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Antón:
Guau! Queda bastante claro aínda que que son de ciencias (mais ben
puras) custame un montón isto das irregularidades aínda que neste caso
non o sexa senón que teñan orixe diferente. Desde logo explicacións coma
esta, para min sempre son interesantes. Que ven viñan unhas clases de
latin...
Curiosidade:
Acabo de estar mirando os meus dicionarios, os que uso son, o xerais
2003 (anticuado) o isaac (estravís do 1995) para min o mellor (magoa que
non sexa oficial) o da RAG castelán galego que a pesares de ter algunhas
faltas desde o meu punto de vista está ben xa que inclue algunha que
outra frase. Neste caso consultei a rastro que a min ensinaronme a
resto, fun mirar se era valido e parece que non.

En fin, que non dou mais a bara.

Por certo, noraboa Marce!! agora non fagas coma min que desde que o
saquei o unico que levei foi a chalana a remos do meu avó, jajajaja.
(e xa me caduca para o ano, como pasa o tempo!!)

Saudos




Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Antón Méixome escribiu:
 A cousa explícase desde o punto de vista histórico pola evolución do
 vocabulario.
 
 En resumo, porque teñen orixes e evolución diferente.
 
 Orixe:
 /extensĭo, -ōnis
 //extendĕre/
 
 Comentario:
 
 O substantivo e*x*tensión vén directamente do *substantivo* do latín
 E*X*TENSIO, mentres que o adxectivo estendido vén do *verbo* romance
 e*s*tender a partir do cal se crea un novo participio, estendido,
 que, ao usarse para describir situacións, acaba por converterse para os
 falantes en adxectivo tanto ou máis que verbo (en participio). É unha
 situación moi común en galego por ter moitos dobretes nos participios
 (fritido-frito) que dan lugar a novos adxectivos e substantivos cando,
 ao mesmo tempo, mantén herdeiros dos antigos substantivos latinos.
 
 O cambio do -X- polo -s- é simple:
 -X- é en realidade -[ks]-. Segundo o tipo de palabra (sen explicar máis
 profundidades agora) a evolución dese -ks- latino tomou dous camiños
 
 a) Converterse no noso -x- (de xente): EXEMPLU(M)  exemplo
 b) Simplificar no -s- : EXTRA NEU(M)  estraño
 
 Se te das conta en galego tamén temos extenso que non é exactamente o
 mesmo que estendido. Extenso vén, pois, directamente do verbo latino
 antigo mentres estendido nace xa no verbo do latín moderno (isto é, no
 galego). Iso explica por un lado a diferenza da escrita e por outra a
 diferenza do seu significado:
 
 Exemplo de uso:
 - A herba quedou estendida despois de dúas horas de traballo. (resultado
 dunha acción)
 - O campo é extenso coma o que máis. (descrición dunha cousa)
 
 Como verás non son intercambiables.
 
 Outros casos:
 
 O mesmo pasa por exemplo con cinguir-cinguido-cinto,
 tinxir-tinxida-tinta, romper-rompido-roto, etc
 
 Espero que sirva.
 
 Antón Méixome
 
 
 
 
 
 Daniel Muñiz Fontoira escribió:
 Como curiosidade:
 extensión é con x
 estendido é con s
 algún linguista que explique isto???

 Saudos

 Por certo, non puiden ir á guademy, aínda que me gustaría ter ido no
 lugar de pasalo no hospital coa miña dona, nada grave pero había que
 estar.